Colexio Plurilingüe S.José – Josefinas primeira parada da U.D. Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

Primeira visita nesta tempada 2018-19 da actividade “Coñece o meu clube”. Esta vez tivemos o pracer de achegarnos na xornada matinal do venres 5 de outubro ó Colexio Plurilingüe San José – Josefinas.

Nesta ocasión contamos coa presenza de Fernando Currás, adestrador do primeiro equipo; por parte do cadro de xogadores asistiron; Marcos, Dacoba e David González.

Unha visita na que ademáis de facer unha pequena charla se repartiron diferentes agasallos do clube como bolígrafos e pegatinas para o alumnado de diferentes cursos da Educación Primaria.

Grazas á comunidade educativa, estaremos encantados de repetir no próximo curso.

 

FERNANDO CURRÁS AO FONDO E  OS XOGADORES  DAVID GONZÁLEZ , MARCOS ALONSO  E DACOBA.

La entrada Colexio Plurilingüe S.José – Josefinas primeira parada da U.D. Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Colexio Plurilingüe S.José – Josefinas primeira parada da U.D. Ourense

Mas noticias relacionadas