Comunicado Oficial UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Atios, pon a disposición da UD Ourense, 300 entradas para o partido deste domingo no Carballo. Dada a expectación e previsible demanda unida a escasa oferta, ao que lle hai que engadir, ademáis, o pouco tempo dispoñible, a Xunta Directiva en reunión excepcional, intentando establecer uns criterios o máis xustos posible, decidiu o seguinte:

  1. 50 entradas para xogadores e membros do corpo técnico.
  2. 250 entradas, para socios e socias asamblearias.
  3. Prezo 8 euros entrada.

Condicionantes:

  1. Cada socio/a pode retirar unha entrada para si e outra para outro socio/a. Obrigatorio presentar DNI e sinalar datos e DNI do outro socio/a.
  2. O prazo de retirada de entradas será mércores e xoves, de 18:00 a 21:00, nos portelos (taquillas) do Couto.
  3. As entradas venderanse por orde de chegada ata fin de existencias.
  4. No caso de que os socios/as asamblearios non esgotasen as entradas, abrirase un prazo de venda para abonados/as.
  5. A UD Atios informa que só venderá entradas o domingo para seus socios/as. Finalmente, indicar que somos conscientes do malestar que pode xerar esta situación, pregamos mil disculpas e estamos a disposción de vós para calquera dúbida, axuda ou cuestión a través das canles oficiais do club.

Ourense,22 de maio de 2018

La entrada Comunicado Oficial UD Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Comunicado Oficial UD Ourense

Mas noticias relacionadas