Publicado por: U.D. Ourense
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o día 25 de xuño de 2020, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda no Auditorio Municipal da cidade de Ourense na rúa da Canle, 2, Asemblea Xeral Extraordinaria de socios co seguinte
ORDE DO DÍA
ÚNICO: Rendición de contas por parte da directiva do club sobre todo o acontecido nos últimos días acerca da proposta do alcalde de buscar un club único e municipal na cidade. No caso de que a proposta do alcalde chegue a mans da directiva antes da celebración da asemblea coa concreción e precisión necesaria daráselle o oportuno traslado aos socios dos detalles desta.
Durante a celebración da asemblea os socios poderán tomar a palabra para expresar a súa opinión e solicitar calquera aclaración sobre todas aquelas cuestións que crean conveniente.
INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER AO AUDITORIO:
Debido ás medidas de prevención esixidas polas autoridades derivadas da crise sanitaria provocada pola Covid-19 as persoas asistentes a asemblea deberán:
1. Ir provistos de máscara
2. Facer uso dos xeles hidroalcohólicos que se subministrarán na entrada do recinto.
3. Manter a distancia de seguridade. Para dar cumprimento a esta medida os asistentes deberán ocupar unicamente os asentos habilitados. Recoméndase acudir a reunión con antelación suficiente para evitar aglomeracións.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estean ao corrente de pago da cota social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea.
La entrada Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria da UD Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.
Enlace con la noticia original: Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria da UD Ourense