Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D. Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 14 de xuño de 2018, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Extraordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación dos prezos dos carnés de socios e abonados da tempada 2018-19.
  2. Autorización á Xunta directiva de iniciación de trámites para a constitución dunha Fundación de interese galego.
  3. Rolda libre de intervencións.

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

Ourense, 30 de maio de 2018.

La entrada Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D. Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D. Ourense

Mas noticias relacionadas