Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D.Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 30 de xaneiro de 2020, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (casa de chocolate) na Av. da Habana, 79, Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

1. Ratificación dos novos socios do club.

2. Liquidación e peche do presuposto da tempada 2018/2019.

3. Aprobación do presuposto da tempada 2019/2020

4. Estado de execución do presuposto da tempada 2019/2020

5. Rolda libre de intervencións

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da cota social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea. Por último, recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

La entrada Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D.Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D.Ourense

Mas noticias relacionadas