Dani Sampayo: «É difícil rexeitar unha oportunidade coma esta»

Publicado por: U.D. Ourense

Daniel Sampayo Tesouro (Ourense, 2001), é xa novo xogador da UD Ourense. O gardarredes ourensán chega procedente do xuvenil de liga nacional do Pabellón para competir ao máis alto nivel.

  • Que esperas da tempada?

Espero aprender moitas cousas que me fagan mellorar como xogador e aportar o máximo ao equipo para chegar o máis lonxe posible.

  • Por qué decidiches fichar pola UD Ourense?

É difícil rexeitar unha oportunidade tan boa como esta. Gústame competir a alto nivel e a UD Ourense dame esa posibilidade.

  • Que lle dirías á afección?

Teño moitas ganas de comezar esta tempada. Darei o máximo e afrontareina coa máxima ilusión para aproveitar esta gran oportunidade.

La entrada Dani Sampayo: «É difícil rexeitar unha oportunidade coma esta» se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Dani Sampayo: «É difícil rexeitar unha oportunidade coma esta»

Mas noticias relacionadas