Domingo de ourensanismo

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense presenta as actividades deportivas deste próximo domingo que incluen o partido do feminino en Os Remedios (16:00 horas) e do masculino (18:00 O Couto).No encontro do primeiro equipo homenaxearase o conxunto xuvenil e o alevín “C”, flamantes campiós de Liga. 

O domingo será un día completo para o ourensanismo. Un deses días nos que saes da casa a apoiar o teu equipo e atópaste cunha dobre convocatoria. A UD Ourense quixo aproveitar para presentar en rolda de prensa os actos dunha xornada festiva e marcada polos encontros que desputan os nosos equipos.

Abrirá a xornada o conxunto feminino, que recibe en Os Remedios a partir das 16:00 horas a visita do Atlético Arousana. Partido importante para as nosas rapazas diante dun dos colosos da liga e ante o que tratarán de sacar bo rédito e regresar a senda do triunfo tralo último tropezo. 2 horas depois, o coiro botará a rodar en O Couto onde o conxunto masculino recibe a visita do Gondomar a partires das 18:00 horas, nunha nova final polo ascenso.

A directiva ourensanista, na figura de Modesto García e Damián Domínguez, presentou tamén os actos que terán lugar durante o partido do conxunto masculino. Nos prolegómenos do encontro homenaxearase a dous conxuntos da base que veñen de acadar os seus respectivos títulos de liga. O alevín “C” flamante campìón do seu grupo e que tan so concedeu un empate e unha derrota en toda a tempada, e ca liga xa decidida. O xuvenil, recén ascendido a liga galega e campión da categoría, tamén recibirá o aplauso de O Couto que os recibirá en pé.

Ademáis, no descanso disputarase o “Partido TAR”, un encontro adicado a escoliña e o prebenxamín “B”, no que se buscará que estes rapaces teñan visibilidade nun estadio coma O Couto e que desputen, diante da nosa afección, un partido amigable. Esta iniciativa está basada nos encontros do pasado de Clube Deportivo Ourense, cando os máis pequenos da provincia saltaban o campo xogar o fútbol nos descansos e agardase ca iniciativa teña continuidade.

Así que o domingo xa sabedes, dobre cita co ourensanismo.

La entrada Domingo de ourensanismo se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Domingo de ourensanismo

Mas noticias relacionadas