EMF Concello de Boiro 0-2 UD Ourense: Vitoria para selar a permanencia

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense vence en Boiro e suma 3 puntos que o achegan a permanencia en Primeira Femenina unha tempada máis. Partido sen gran xogo, pero que nos tantos de Laura e Emma decantaron a balanza a favor das nosas.

Volta a senda do triunfo para as nosas, despois de varias semanas no dique seco, onde tan só se sumou un punto en 5 xornadas. As vermellas sairon a por todas dende o comezo ante un rival que marchaba na parte baixa e ante o que tocaba vencer sí ou sí para achegar a permanencia canto antes. O final misión cumplida e retorno de Boiro con 3 puntos vitais.

O encontro comezaba cas nosas moi metidas e dominando a posesión, aínda que o fútbol non foi do máis vistoso, pero sí nos deixou boas ocasións. Laura tiña a primeira tras roubar un coiro na saída coa posesión dunha zagueira rival. A dianteira prantábase diante da cancerbeira e probaba cunha vaselina que marchaba rozando o longueiro.

Emma dispuxo da segunda oportunidade das ourensás cun gran disparo que obrigaba a cancerbeira a estirarse para facer unha gran intervención e evitar o tanto ourensá. Laura tería outra moi clara antes do primeiro da tarde, pero o disparo marchábase fora. Antes do descanso chegaría o tanto das nosas. Xogada iniciada dende atrás e o coiro chegáballe a Emma, que caera a banda para recibir, a dianteira centrou, Zaira non chegou a rematar e Laura collía o coiro para anotar a pracer coa colaboración dunha zagueira que tocaba o balón.

Tralo descanso o ritmo baixou. O Boiro comezou a deixar máis espacios e as nosas lograron o segundo tras un gran pase en profundidade de Pacy que cazaba Emma para definir e enviar o coiro o fondo da rede. De ahí o final, vendaval vermello, onde as nosas gozaron de boas oportunidades para facer algún tanto máis, pero o marcador xa non se movería.

Con esta vitoria e os 3 puntos, o Ourense segue en sétima posición, pero xa con 33 puntos e 12 por riba do descenso con 18 por desputarse, polo que a permanencia virtual xa é unha realidade e a matemática consumarase nas próximas semanas.

La entrada EMF Concello de Boiro 0-2 UD Ourense: Vitoria para selar a permanencia se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: EMF Concello de Boiro 0-2 UD Ourense: Vitoria para selar a permanencia

Mas noticias relacionadas