Entrevista a Adrián Blanco, adestrador do prebenxamín B

Publicado por: U.D. Ourense

  • Esta é a túa primeira tempada como adestrador da UD Ourense. Que tal a experiencia?

A miña primeira etapa no club está sendo incrible, un ano cheo de alegrías, compromiso e ilusión. Estou moi contento polo trato recibido de toda a familia da UD Ourense. Esta experiencia estame facendo crecer moito como adestrador de base.

  • Que foi o que che chamou a atención para vir ao noso club?

O proxecto que tiñan. Un proxecto moi ilusionante, con moitos obxectivos pero como protagonistas os nenos.

  • Que é o que máis che chamou a atención?

O que máis me sorprendeu son os valores que inculcan e a busca de solución aos diferentes contratempos que van xurdindo ao longo dunha tempada e a sensación de dispoñibilidade de todos para axudar e facilitar as cousas.

  • Como te encontras traballando cos máis pequeniños do noso fútbol oito?

A miña experiencia cos máis pequenos é estupenda. Nesta idade a formación integral é o camiño a seguir.

  • Que é o que máis te atrae deste pequenos?

O que máis me atrae é a súa ledicia e ilusión en cada pequena cousa que lle dás ou fas nos adestramentos. Todo o que lles das, eles devólvencho multiplicado por mil. Encántame velos adestrar.

  • Veste tendo unha longa carreira nos bancos? Que retos te plantexas?

A verdade é que si, é unha das miñas grandes paixóns e oxalá poida gozar moitos anos dela.

Encantaríame seguir nos equipos de formación, non desexo ninguna categoría en especial, só seguir medrando no fútbol base axudando a cada xogador ao que teña a sorte de adestrar. Si teño o reto de subir o nivel colectivo dos adestramentos.

  • Que opinión tés da situación social que está atravesando o noso país?

É unha situación moi delicada, así queo mellor xeito de axudar é quedando na casa e seguindo os pasos que nos marcan para que isto se solucione o antes posible e todo volte a normalidade.

  • Cómo estás levando o confinamento e que fas durante o día?

Encóntrome ben, sin ningún problema. Durante o Confinamento gústame actualizar os meus métodos de adestramento, estudo cousas pendentes e fago todo o exercicio que podo.

  • Que consello lles darías aos teus pequenos para afrontar estas semanas na súa casa?

Que non paren de facer exercicio, que é esencial para a nosa saúde e máis nesta situación. Que intenten distraerse con diferentes xogos e actividades, non necesariamente de fútbol, o multideporte nestas idades é o máis recomendable.

La entrada Entrevista a Adrián Blanco, adestrador do prebenxamín B se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Entrevista a Adrián Blanco, adestrador do prebenxamín B

Mas noticias relacionadas