Entrevista a Marcos Xesús. Xogador do Xuvenil A

Publicado por: U.D. Ourense

  • Como valorías a tempada ata o de agora? Tanto a nivel colectivo coma individual.

A tempada, como cada un de nós individualmente, foi de menos a máis. Melloramos tanto física como emocionalmente.

  • Que obxectivos dos que te marcaches a principio de tempada acadaches?

Cheguei ao obxectivo de mellorar fisicamente e de escalar co primeiro equipo

  • Onde che gustaría estar dentro de 5 anos?

En cinco anos gustaríame estar en 3ª ou 2ª B

  • Quen é Marcos Xesús? Descríbete un pouco como xogador e a nivel persoal.

Marcos Xesús é unha persoa e un xogador con personalidade e carácter, tamén é algo chulampín e bastante divertido

  • Cómo é o vestiario do Xuvenil A? Algunha anécdota ou segredo que nos poidas contar?

O vestiario do xuvenil A é unha piña, moi divertido e bastante traballador.

  • Que é o que máis che gusta do teu equipo e o que máis valoras?

O que máis me gusta do meu equipo é o compromiso e o que máis valoro é o esforzo

  • Cómo estás levando o confinamento e que fas durante o día? Segues en contacto cos teus compañeiros?

Estou levando o confinamento ben, paso o tempo xogando á play, estudando e facendo exercicios marcados por Toni, o preparador físico.

La entrada Entrevista a Marcos Xesús. Xogador do Xuvenil A se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Entrevista a Marcos Xesús. Xogador do Xuvenil A

Mas noticias relacionadas