Monterrei CF 2-2 UD Ourense:Táboas na ida dos cuartos de final copeiros

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense empata en Rozabales diante do Monterrei, nun encontro moi desputado e no que Currás deu minutos os menos habituais e a varios canteiráns. Omar e Xoel foron os autores dos tantos vermellos. Todo queda aberto para a volta.

Parón ligueiro para un Ourense que chegaba a cita copeira con tan só 48 horas de descanso despois do seu último partido en O Grove. Os nosos desprazábanse ata terras de Monterrei para enfrontarse a un conxunto que quere o pase de ronda tanto coma os  nosos e que deu guerra dende o comezo, presionando a salida de balón dos nosos e buscando a meta rival.

Fernando Currás apostou por unha revolución no XI. Baixo paus, deulle a alternativa o xuvenil Miguel Botana, que aproveitou as molestias de Samuel para debutar. Na zaga, Oli formou de lateral esquerdo, Xurxo no dereito e o xuvenil Pousa e Tito Currás coma centrais. A medular foi para Julio Martínez, Carlos y Fran, dejando en ataque a Durán, Omar y Unai. Cambio total con respecto o encontro ante O Grove, o que aportou frescura o xogo e permitiu que homes con menos minutos, xuveniles e recén saidos de lesión coma Fran, gozasen de minutos.

A primeira do encontro tiverona os locais, pero Tito Currás evitou calqueira achegamento a porta, rexeitando un disparo rival. Respondeu o Ourense con dous achegamentos consecutivos, o primeiro, cun remate de Omar que retiña Andrés e o segundo cun disparo de Unai tras unha gran xogada colectiva que se marchaba desviado.

O fútbol de ataque púñano os vermellos ante un rival repregado e que sufría ante as combinacións de Omar e Unai, que puñan en xaque a zaga rival e que gozaron de varias ocasións para adiantar os seus antes do ecuador da primeira metade. O Monterrei reaccionou a partir de entón e buscou a meta de Miguel. Especialmente activo amosouse Iago Lantes, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantar os locais, pero Miguel en dúas ocasións e Tito noutra, evitaron os tantos.

O colexiado anulaba un tanto a Julio Martínez por fora de xogo e acto seguido, chegaba o primeiro tanto da tarde. Adiantábanse os locais por mediación de Yago Pérez, que anotaba o primeiro do encontro no minuto 38. De ahí o descanso, os locais gozaron dunha nova ocasión para anotar.

Tras o paso por vestiarios, Currás optou por introducir pernas frescas. Josu entrou en lugar de Pousa e Xoel sustituiu a Carlos. A resposta non se fixo esperar e uns segundos despois, chegaba o empate para o Ourense. Xoel internábase por banda e asistía o segundo pau, onde Omar anotaba a pracer.

O tanto espoleou os vermellos, que se foron arriba e puideron anotar o segundo. Omar, novamente, dispuxo dunha boa ocasión, namentras que Josu estrelaba o coiro no pau. Eran os mellores minutos dos vermellos, que se traduciron nun novo tanto, obra de Xoel, que remataba un centro peiteado por Julio Martínez.

Co resultado favorable, chegou un novo cambio de Currás, que daba entrada a outro xuvenil, Benji, en detrimento de Fran Martínez. Chegou tamén a polémica, xa que o colexiado decretaba un penalti máis que riguroso de Miguel sobre Andrés. Expulsión do cancerbeiro, que deixaba os vermellos cun home menos e obrigaba a Currás a introducir a Pato en lugar de Omar. Non errou Pedro dende os 11 metros, devolvendo novamente as táboas o marcador.

Manu tamén dispuxo de minutos o entrar en detrimento de Unai, pero os minutos corrían e o marcador non se movía. Benji e Durán tiveron as máis claras antes do final, pero o empate 2-2 foi o resultado final. Destacar a gran labor de Omar e a presencia de 6 dos nosos xuveniles sobre o cespede de Rozabales.

 

 

 

La entrada Monterrei CF 2-2 UD Ourense:Táboas na ida dos cuartos de final copeiros se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Monterrei CF 2-2 UD Ourense:Táboas na ida dos cuartos de final copeiros

Mas noticias relacionadas