O Xuvenil "A" caeu en terras lucenses (2-0)

Publicado por: Pabellon C.F.

Non puido sumar o conxunto branquiverde en terras lucenses ao caer a mans do CD Lugo «B» nunha cita na que os locatarios tomarían vantaxe aos sete minutos dun primeiro tempo malo dos nosos. Na segunda parte o equipo intentouno e pero os minutos pasaban sen que houbese novidades no marcador. O toma e daca no campo deixou un primeiro expulsado nos lucenses con vinte e un minutos por diante nos que os pabellonistas non sacaron rentabilidade.

No tramo final ante a incertidume do marcador co CD Lugo defendendo a renda mínima e os nosos tratando de rescatar, polo menos, un punto caería expulsado Marco por dobre cartón amarelo. Pouco despois chegaría o segundo do cadro local sen tempo para máis aínda que sufriron outra expulsión no desconto para quedar con nove. Ver ficha técnica.

Despois deste revés, segundo consecutivo, o equipo ocupa a oitava praza con 17 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben ao CVC Valadares nos Remedios o sábado (16 horas).


Enlace con la noticia original: O Xuvenil "A" caeu en terras lucenses (2-0)

Mas noticias relacionadas