O Xuvenil "B" levouse un partido taquicárdico

Publicado por: Pabellon C.F.

O partido foi moi intenso dende os primeiros e ao descanso xa se anotaran cinco goles (3-2) -tantos de Iago Varela (2) e Carracelas- e os pabellonistas erraran un penalti. Hai que ter en conta que o Tomiño presentábase nos Remedios como un dos equipos máis potentes en ataque do grupo e deixou mostras do porqué desta circunstancias.

A segunda metade foi frenética. Despois do cuarto gol dos nosos (4-2) obra de Carracelas. o rival quedaría en inferioridade numérica, pero pese a iso chegaron a igualar a contienda (4-4) ante o estupor dos locatarios, que aínda se viron máis sorprendidos cando despois de que o Tomiño perdese a outro xogador expulsado por unha falta comio último home, os visitantes aproveitaron un penalti para situarse por diante no marcador (4-5).

Cando parecía que todo estaba perdido, dous goles de Corral, o segundo con axuda dun defensor, permitiron aos pabellonistas darlle a volta ao partido (6-5) ante a desolación dos adversarios, que además de gozar dun envidiable potencial ofensivo, tamén deixaron ver os motivos da súa condición de segundo equipo máis goleado do grupo. Ver ficha técnica.

Os de Anxo Valcárcel, que visitan o sábado ao AJ Lérez na Xunqueira, ocupan a quinta praza con 44 puntos, os mesmos que o próximo rival. Ver clasificación.


Enlace con la noticia original: O Xuvenil "B" levouse un partido taquicárdico

Mas noticias relacionadas