Pleno dos catro equipos benxamís

Publicado por: Pabellon C.F.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica Benxamín sumou un triunfo cómodo no campo de Os Carrís (0-7) diante a EDC Barbadás con tantos de Pablo, Hugo, Dani, Samuel, Anxo, Guillermo e Breogán. Os nosos seguen no alto da táboa.

No Torneo Ourense Benxamín o Pabellón Promesas tamén se facía cunha vitoria holgada (1-6) no campo do Ribadavia Atlético. Dani (2), Teo, Héctor, Izan e Damián foron os goleadores. O equipo é segundo no grupo 43.

O Pabellón «B» segue invicto no Play Off da 2ª Autonómica despois de desfacerse do CD Rúa «B» (3-1) nos Remedios. Os de Abel Afonso xa mandaban no marcador ao descanso (2-0). Augusto, Hugo Gil e Gabriel anotaron os tantos.

Finalmente, na xornada que abría a Copa Deputación da 2ª Autonómica o Pabellón Promesas «B» gañaba nos Remedios (4-3) ao Calasancio «B» nun emocionante partido. Iván (2) e Mario (2) marcaron para os de José Salgado.


Enlace con la noticia original: Pleno dos catro equipos benxamís

Mas noticias relacionadas