Previa UD Ourense-Rápido de Bouzas: Abonados á vitoria… e a épica

Publicado por: U.D. Ourense

/*! elementor – v3.15.0 – 20-08-2023 */
.elementor-heading-title{padding:0;margin:0;line-height:1}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title[class*=elementor-size-]>a{color:inherit;font-size:inherit;line-height:inherit}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-small{font-size:15px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-medium{font-size:19px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-large{font-size:29px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-xl{font-size:39px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-xxl{font-size:59px}

Previa UD Ourense-Rápido de Bouzas: Abonados á vitoria… e a épica

/*! elementor – v3.15.0 – 20-08-2023 */
.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-stacked .elementor-drop-cap{background-color:#69727d;color:#fff}.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-framed .elementor-drop-cap{color:#69727d;border:3px solid;background-color:transparent}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap{margin-top:8px}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap-letter{width:1em;height:1em}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap{float:left;text-align:center;line-height:1;font-size:50px}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap-letter{display:inline-block}

Líderes. Así chega ao Municipal de Oira a UD Ourense tras gañar os tres partidos que disputou ao longo deste curso. O equipo de Jorge de Dios recibe ao Rápido de Bouzas cheo de motivos para seguir pelexando pola cabeza da categoría. Polo de agora, ningún equipo foi capaz de quitarlle do peto un só punto e a sensación é que, deste mesmo xeito, a UD pode prolongar a racha diante da súa xente.

 

Enfronte, un equipo en construcción tras a chegada dunha figura do fútbol galego, Rafa Sáez, que todavía continúa movendo pezas para dar ca tecla dende a banda do equipo de Vigo. Dous equipos que apostan forte esta tempada por volver a pelexar o ascenso de categoría, aínda que con realidades bastante dispares.

 

Tinguir Oira de vermello, o primeiro gol

Foto: Yedra Seara | UD Ourense

 

Este domingo ás 18.00h o feudo ourensanista volverá a ser definitorio para os seus intereses. Só disputaron un partido na súa nova (e provisional) casa, e o público volveu ser protagonista. Na primeira proba lonxe do Couto, a afección respondeu para abarrotar as gradas do campo de Oira de sentimento vermello, un sentimento que non deixou de empurrar ao seu equipo ata o minuto 94.

 

Foi Yelco o encargado de materializar ese penalti que segue nas retinas dos siareiros. Era o 2-1 para que, despois de que Rojo errara outra pena máxima escasos minutos antes, a vitoria quedase na casa.

 

A máis rigurosa actualidade dí que este ano o fogar da UD Ourense deberá ser un dos escenarios máis respectados da categoría, aínda que mesmo lonxe da calor da súa xente, tamén saben botarlle valor. Así sucedeu en Viveiro a pasada xornada, na que os dragóns firmaron o triunfo no 107’ cando o público de Cantarrana xa celebraba un empate do seu equipo. Neste caso, foi Luismi o encargado de porlle a épica ao partido, tónica habitual neste arranque de tempada.

 

O Rápido, en búsqueda de puntos pese a estar invicto

 

O cadro de Bouzas chega a Ourense con 5 puntos conseguidos nas 3 xornadas previas mediante una vitoria e dous empates. Están invictos, polo que a UD podería ser o primeiro equipo en facer que se foran de vacío dun partido este curso, aínda que non será una tarefa sinxela.

Foto: Rápido de Bouzas

 

Rafa Sáez afronta este novo reto no Rápido con aínda certas incertidumes. O entrenador pontevedrés suma una ampla traxectoria no fútbol galego, en equipos como o Celta, o Arosa ou o Pontevedra. Tras caer no playoff de ascenso o ano pasado fronte ao Racing Vilalbés, o cadro de Vigo debe buscar a fórmula para volver a pelexar pola parte alta da clasificación, ao que axudarán novas incorporacións como Aitor Aspas, Cristian Pereira ou Keko.

 

O máximo goleador, con dous tantos, é o mítico Gastón Cellerino. O dianteiro arxentino de 37 anos, que compartiu vestiario con grandísimos xogadores como Iago Aspas, Michu ou Roberto Trashorras, anotoulle un dobrete ao Arosa na primeira xornada para darlle a volta ao resultado e regalarlle un triunfo aos seus.

 

Histórico

 

UD Ourense e Rápido de Bouzas víronse as caras un total de 5 veces. O balance é moi positivo para os dragóns, con dúas victorias, dous empates e un único triunfo para os de Bouzas. Malia isto, os resultados sempre foron moi axustados, nunca superando un equipo ao outro por máis dun gol de diferenza.

 

A historia non fai máis que presaxiar un encontró de moita igualdade entre dous dos equipos máis fortes do grupo, onde o factor cancha, co que o Rápido só suma 1 punto dos 9 disputados en feudo ourensán, volverá a ser decisivo para que a UD Ourense continúe no máis alto da clasificación cun pleno de vitorias.

La entrada Previa UD Ourense-Rápido de Bouzas: Abonados á vitoria… e a épica se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Previa UD Ourense-Rápido de Bouzas: Abonados á vitoria… e a épica

Mas noticias relacionadas