Resumen de la reunión de la Xunta (Lete) con la Gallega de Fútbol (Louzán)… “dentro de 15 días volvemos a hablar”

Publicado por: Rápido de Bouzas

Dentro de 15 días “volvemos a falar”… por el momento se puede ir trabajando para preparar todo,avanzando en los protocolos… este es el resumen de la reunión esperada entre José Ramón Lete Lasa en representación de la Xunta de Galicia y Rafael Louzán como presidente de la Real Federación Gallega de Fútbol… acompañados de sus respectivos equipos… lo demás no deja de ser buena voluntad y mucho temor de todos ante los brotes de la pandemia del Covid-19… en definitiva el fútbol Base y el Aficionado, por el momento en el congelador.

Prudencia es la palabra que resumen la reunión Lete-Louzán

Prudencia y temor son las palabras que resumen la reunión Lete-Louzán

Esta es la nota oficial de la RFGF: 

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e da Unión de Federacións Deportivas de Galicia (Ufedega), Rafael Louzán, participou este martes nunha reunión co secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, á cal asistiron tamén outros presidentes de federacións galegas de deportes colectivos e de contacto. Unha xuntanza na que se volveu analizar a situación actual e na que Louzán e os demais presidentes trasladaron a Lete Lasa a súa preocupación pola incertidume que vive o deporte galego a día de hoxe.

A xuntanza tiña como obxectivos principais estudar a situación actual, comunicar os avances realizados por todo o tecido deportivo galego na loita contra a Covid-19 e traballar na reactivación da actividade deportiva dos clubs en estas modalidades deportivas que a día de hoxe atópanse paralizadas.

Os responsables da Secretaría Xeral para o Deporte e das federacións deportivas galegas acordaron reactivar os grupos de traballo na procura dun modelo común para retomar a actividade deportiva autonómica axustada ao escenario actual e volvéronse citar dentro de quince días para, na medida do posible, comenzar a implementar novas medidas que permitan avanzar cara a recuperación da normalidade na práctica deportiva galega. A situación do deporte no que se refire ao ámbito autonómico non sufrirá ningún cambio nas dúas próximas semanas e será entón cando a Secretaría e as Federacións volvan a reunirse para analizar de novo a situación e ver si é posible a desexada reactivación deportiva e a volta da competición. Conclusión esta referida únicamente ao deporte de ámbito autonómico quedando excluidas as competicións de ámbito estatal.

Louzán insistiu na necesidade de retomar a actividade e a competición, tal e como solicitan os clubs, remarcando que son moitas as familias que dependen directamente do fútbol e do deporte en xeral en Galicia. Pero remarcou igualmente que “esa volta á actividade ten que vir dictada polas autoridades sanitarias en base á evolución da pandemia”, pois a competición debe retomarse “coas máximas garantías sanitarias e cun protocolo homoxéneo para todo o deporte galego que parta da Xunta de Galicia”. Indicou tamén o presidente da RFGF que unha vez pasados esos quince días e no caso de que se dean as condicións para retomar a actividade con contacto e existan os protocolos necesarios para recuperar a competición, “a Federación xa ten todo o plan competicional traballado e programado para dar un prazo de cinco ou seis semanas de preparación previa ao inicio das diferentes competicións”.

Neste sentido, o secretario xeral avanzou que a Xunta xa ten elaborada unha proposta de flexibilización das normas no ámbito deportivo que no momento actual permite deporte sen contacto para grupos de ata 25 persoas. Esta proposta conta, na súa primeira versión, coa aprobación da Consellería de Sanidade, e vai dirixida a facilitar o traballo dos nosos mellores deportistas (deportistas de alto nivel clasificados para Toquio 2020 ou en proceso de clasificación), os nosos deportistas con maiores necesidades (deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio), así como os equipos que poidan sufrir prexuízos co resto de equipos das súas competicións estatais.

Protocolo para categorías de ámbito estatal

Lete informou que a reactivación dos grupos de traballo a nivel autonómico coincide coa decisión do Consejo Superior de Deportes, comunicada no día de onte aos distintos responsables autonómicos, da creación dunha plataforma de coordinación con todas as federacións e comunidades, así como a elaboración dun protocolo marco para as competicións non profesionais de ámbito estatal. Precisamente esa plataforma reunirase xa a vindeira semana e terá como primeira tarefa concretar ese protocolo que permita a todos os equipos de categoría estatal poder prepararse e competir en igualdade de condicións.


Enlace con la noticia original: Resumen de la reunión de la Xunta (Lete) con la Gallega de Fútbol (Louzán)… “dentro de 15 días volvemos a hablar”

Mas noticias relacionadas