Resumo da fin de semana para #ANosaBase

Publicado por: U.D. Ourense

 

Xornada con importantes encontros para os nosos equipos e que se saldaron con varios resultados moi positivos. Vitorias do conxunto xuvenil, do segundo equipo cadete, infantil “B”, alevín “B” e alevín “C”. O primeiro equipo alevín e o benxamín tiveron xornada de descanso.

Xuvenís

UD Ourense 2-1 Pabellón C

O partido da xornada para a nosa base saldouse cunha importante vitoria do equipo adestrado por Agustín. Os vermellos superaron a un Pabellón que chegaba a Miraflores invicto e que sucumbiu ante a garra e o ímpetu dos nosos. Con este triunfo, o xuvenil situase líder na fase polo título e atópase en postos para desputar a fase de ascenso a liga galega, todo un éxito para a nosa humilde entidade.

Xogadores destacados: Xoel, Alber e Nico

Cadetes

Colegio Hogar 7-2 UD Ourense

Derrota do cadete na súa visita a terras viguesas. O conxunto adestrado por Vilachá prosigue cos seus malos resultados e caeu goleado polo Colegio Hogar. Un gol tempraneiro dos locais abriu a veda e permitiulles irse o descanso cunha vantaxe de 3-0. Tralo descanso proseguiría a sangría, maquillada por dous tantos dos nosos. A permanencia complícase.

Xogadores destacados: Aitor, Marcos e Álex

UD Ourense “B” 2-1 CD Arenteiro

Importante vitoria do equipo que adestra Luis González, nun partido ante un rival directo no sistema de liguilla da Copa. Os nosos souperon sufrir ante un Arenteiro que se adiantou no marcador na primeira parte. Na segunda, os tantos de Donovan e Bruno permitíronlle os vermellos darlle a volta a contenda e sumar valiosos puntos. 6 de 9 leva o segundo equipo cadete no que vai de competición.

Xogadores destacados: Miguel Iglesias, Bruno e Marcos.

Infantís

Pabellón Promesas 5-1 UD Ourense

Derrota dos infantís no seu encontro correspondente a sexta xornada do playoff polo título de Liga. Os nosos arrincaron moi ben, a pesares de recibir un gol en contra os 13 minutos de xogo. Igualaban a contenda antes do descanso, pero na segunda metade, o Pabellón Promesas, colíder da táboa, non deu opción e pechou o partido con 4 tantos. As opcións de pelexar por unha praza de acceso o playoff a galega afástanse a 6 puntos.

Xogadores destacados: Jorge, Antón e Borrajo.

UD Ourense “B” 9-2 A Peroxa

O segundo equipo infantil segue mantendo as opcións de pelexar polo título de Liga ata o final. A falta de dúas xornadas para o remate da competición, os nosos son terceiros, a 3 puntos dos líderes. Nesta ocasión, o equipo superou con contundencia o A Peroxa. Partido moi sufrido, a pesares do que amosa o marcador, xa que o descanso chegouse con empate 1-1. Na segunda metade, os pupilos de Jose Conde meteron unha marcha máis e acabaron firmando a goleada.

Xogadores destacados: Saúl, Carlos e Serrano.

Alevís

CD Allariz 1-3 UD Ourense “B”

Prosegue lanzado o segundo equipo alevín, que sumou a súa séptima vitoria do campionato e segue como colíder do grupo, empatado a puntos co Monforte. Desta vez, os pupilos de Unai superaron a un Allariz moi combativo. O resultado o descanso era de empate 1-1, pero na segunda metade os nosos meteron unha marcha máis para acabar facéndose co encontró.

Xogadores destacados: Yago, Martín e Guille

UD Ourense “C” 5-1 Santa Teresita “B”

Intratable segue o terceiro equipo alevín adestrado por José Ramón Dacosta. Os vermellos contan os seus 12 partidos por vitorias e superaron a un Santa Teresita que se adiantou no marcador no minuto 3, pero recibiu o tanto do empate un minuto despois. Partido moi completo dos nosos, que dobregaron a un rival da parte baixa da táboa, pero que plantou cara.

Xogadores destacados: Iker, Carmine, Gael e Anxo

Benxamís

UD Ourense “B” 0-3 ED Ourense “B”

Mal resultado para o Segundo equipo benxamín, nun encontro moi malo para os intereses dos nosos rapaces. Houbo pouca intensidade e a ED Ourense fíxose co control do partido dende o comezo, impedindo calqueira reacción vermella. Un tropezo sobre o que traballar e seguir mellorando de cara o futuro.

Xogadores destacados: Aitor e Alba

Prebenxamís

UD Ourense 2-8 AD Bosco

Derrota do prebenxamín nun novo encontro da fase de playoff polo título da categoría. Desta quenda, os nosos sucumbiron ante un Bosco que conta todos os seus partidos por vitorias e que non deu opción os vermellos.

Calasancio “B” 9-0 UD Ourense “B”

Derrota do segundo equipo benxamín, que viaxou ata Monforte con tan só 8 xogadores disponibles, os cales xogaron todos os minutos do choque. Gran imaxe a amosada, cun equipo que se desfondou, pero que non puido co Calasancio “B”. Toca seguir crecendo e recuperar efectivos.

Xogadores destacados: Julio, Pablo, Xairo, Hugo, Fernando, Mateo, Yeray e Roque.

 

 

La entrada Resumo da fin de semana para #ANosaBase aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Resumo da fin de semana para #ANosaBase

Mas noticias relacionadas