TODO AO ‘ROJO’ PARA A CUARTA VITORIA (1-0)

Publicado por: U.D. Ourense

/*! elementor – v3.15.0 – 20-08-2023 */
.elementor-heading-title{padding:0;margin:0;line-height:1}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title[class*=elementor-size-]>a{color:inherit;font-size:inherit;line-height:inherit}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-small{font-size:15px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-medium{font-size:19px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-large{font-size:29px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-xl{font-size:39px}.elementor-widget-heading .elementor-heading-title.elementor-size-xxl{font-size:59px}

TODO AO ‘ROJO’ PARA A CUARTA VITORIA (1-0)

/*! elementor – v3.15.0 – 20-08-2023 */
.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-stacked .elementor-drop-cap{background-color:#69727d;color:#fff}.elementor-widget-text-editor.elementor-drop-cap-view-framed .elementor-drop-cap{color:#69727d;border:3px solid;background-color:transparent}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap{margin-top:8px}.elementor-widget-text-editor:not(.elementor-drop-cap-view-default) .elementor-drop-cap-letter{width:1em;height:1em}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap{float:left;text-align:center;line-height:1;font-size:50px}.elementor-widget-text-editor .elementor-drop-cap-letter{display:inline-block}

Por Pablo Verdeal.

 Foto: Yedra Seara | UD Ourense.

 

 12 puntos de 12 posibles. O arranque de tempada da UD Ourense está sendo inmellorable. O equipo ourensanista mantuvo o pasado domingo o seu pleno de triunfos cun traballado 1-0 no Municipal de Oira. O Rápido de Bouzas, que perdeu a súa condición de invicto, non foi quen de roubarlle puntos aos dragóns de Jorge de Dios.

Foi David Rojo o encargado de abrir a lata para os ourensanistas a falta de 15 minutos para o asubío final. O Rápido intentou replicar no último tramo, volvendo o partido de ida e volta, pero a UD Ourense soubo sufrir para amarrar a vitoria.

Eran as 18.00h dunha tarde soleada en Oira. 33º marcaba o mercurio cando a pelota comezou a rodar nun campo abarrotado de público vermello. Non era para menos, pois o seu equipo estaba a firmar un inicio impecable e a racha tiña que seguir vixente. O encontró comezou con maxia e perigo ourensanista, pois antes de cumplir o minuto 5 de xogo o Municipal de Oira xa lamentaba unha ocasión de Luismi que, tras un taconazo de Varo, acabaría nas mans do porteiro do Rápido antes de convertirse nun saque de curruncho.

Precisamente Brais, tapando a meta do cadro de Bouzas, foi un dos protagonistas do primeiro tempo. No minuto 9 volveu a blocar un balón franco, tras unha falta lateral de Champi que Corzo non acertou a cabecear na área rival.

Ocasións para os dous equipos, pero batuta vermella

O partido comezábase a abrir ao redor do ecuador do primeiro tempo. O equipo de Rafa Sáez buscaba atacar a través de Alex Rey, que non era quen de cederlle un balón a Cellerino entre un mar de pernas ourensanistas. Os dragóns, pola súa parte, perdoaron varias ocasión que ben poderían ser o primeiro tanto do partido, primeiro de Luismi e, despois, de Yelco cun latigazo ao segundo pau.

 Foto: Yedra Seara | UD Ourense.

 

Na meta local, Cobo amosou o nivel da portería da UD Ourense cun paradón nun man a man con Aitor Aspas, que quixo aproveitar unha mala saída de balón dos vermellos. Con isto, chegou o tempo de lecer sen goles, pero con igualdade e intensidade a partes iguais. Todo por decidir.

Un fondo de armario de moitos quilates

Jose, Jesús Ares, Martin Rey… ou David Rojo. A satisfacción que debe ter Jorge de Dios cada vez que se xira e mira ao banco de suplentes ten que ser excepcional. Axitou o avespeiro o técnico local, xa ca segunda metade en xogo, para buscar variantes ofensivas. No minuto 55’ entrou Rojo no terreo de xogo, aínda que tardou en gozar de ocasión.

O Rápido de Bouzas saltou ao campo tras o descanso cunha marcha máis. Tanto foi así que Varo viu o cartón amarelo ao cumplirse a hora de partido por cortar un contragolpe do equipo de Vigo, minutos antes de que Cellerino volverá a buscar a meta ourensanista.

Malia isto, a UD soubo sufrir ata que chegou o premio. Pablo Parrilla conducía no centro do campo e, cun balón largo que percorreu a metade do campo de Oira, David Rojo aproveitou as dúbidas de Cristian Pérez para plantarse só diante do porteiro. Calma, precisión e un disparo entre a perna e a man de Brais para que, agarrándose a camisola da UD Ourense, o coruñés celebrara o primeiro e único tanto da tarde.

 Foto: Yedra Seara | UD Ourense.

 

A partir dese minuto 75’ o Rápido intentou conseguir polo menos o empate, pero a excepción dunhas poucas carreiras de Kopa e Keko, non foron capaces de roubarlle o pleno de triunfos á UD Ourense no que chegou o termo do partido.

Imparables continúan os de Jorge de Dios demostrando a súa capacidade reactiva e o bo fondo de armario que atesora. Presisamente Jorge, tras sumar a cuarta vitoria en catro xornadas, valorou o triunfo tras “un partido súper esixente” que acabaron por decidir os relevos: “É un luxo que os xogadores saian así de enchufados aínda que non sexan da partida”.

O cadro vermello estase sobrepondo de forma sobresaínte a un inicio cun calendario moi estricto, que continuará o próximo domingo no campo do Celta C-Gran Peña, terceiro clasificado. Unha oportunidade máis para facerse fortes lonxe de Oira e seguir probando diferentes xogadores que, polo de agora, demostraron estar completamente enchufados.

La entrada TODO AO ‘ROJO’ PARA A CUARTA VITORIA (1-0) se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: TODO AO ‘ROJO’ PARA A CUARTA VITORIA (1-0)

Mas noticias relacionadas