UD Ourense 1-0 Campo Lameiro: Que comece a remontada!

Publicado por: U.D. Ourense

Vitoria da UD Ourense sobre o Campo Lameiro, nun partido dominado de cabo a rabo polos vermellos. Alfredo fixo o tanto do conxunto ourensán ante un rival moi ben replegado e que viñan a defenderse con uñas e dentes a O Couto.

O Ourense volta a sumar 3 puntos despois de dúas xornadas nas que só acadou 1 e nos que saltaron as alarmas. Os vermellos foron quen de recuperar a súa moral tras varias semanas complicadas e superar a un rival moi combativo e que xogou as súas bazas case a perfección. Non foi o encontro máis vistoso, pero viuse a un equipo cas pilas recargadas e con ganas de ir a por todas dende o comezo.

Apostou Fernando Currás polas rotacións e deu descanso a Josu, en detrimento de Oli, que hoxe actuou de lateral dereito. Aitor foi a outra gran novidade dun XI no que Joni formou en punta e Durán caeu a banda dende a medular, deixando máis terreo as subidas de Codeso, un pulmón para abrir campo e ferir o rival con xogadas rápidas dende os laterais.

O partido arrincou cun Ourense moi motivado e que se fixo co esférico dende o comezo. Aínda así, o Campo Lameiro dispuxo dunha boa ocasión os 8 minutos de xogo, cando un dos seus xogadores se plantou solo ante Pato, pero o uruguayo impediu que seguise avanzando, ademáis de que linier sinalou fora de xogo, moi dudoso, que lle costaría a expulsión, de xeito moi, riguroso o adestrador visitante por protestar a xogada.

A primeira para o cadro ourensán estivo nas botas de Alfredo, que hoxe voltou a destacar pola súa verticalidade e pola facilidade de romper os rivais e xerar superioridades en ataque. O disparo tras xogada individual do extremo da UD Ourense marchábase desviado. Tres minutos despois sería Germán o que tentaría o gol, pero o seu remate de cabeza saía por riba da meta rival.

Os vermellos marcaban as pautas e o Campo Lameiro a liña defensiva que impedía ocasións claras. Os locais seguirono intentando. Germán probou sorte dende dentro da área, pero o seu remate sacouno a zaga. Joni tentouno dende lonxe, pero o coiro marchou desviado por moito. Os visitantes tiveron a única ocasión desta primeira parte nun saque de curruncho moi pechado e que obrigou a intervir a Pato.

Con táboas chegábase o descanso e ca sensación de que o primeiro tanto estaba a caer, aínda que se retrasara. Os visitantes tiveron que sustituir o seu cancerbeiro antes do descanso por lesión, aínda que no se notaría, xa que Iván Paz estivo a gran nivel.

Trala reanudación, Joni tivo a primeira, pero non acertou a ver o fondo da rede. Fernando moveu ficha e deu entrada a Hugo e Presas, no lugar de Durán e Aitor. O técnico revolucionaba o esquema cun posicionamento máis tácticamente ofensivo, buscando abrir as bandas con Joni e Alfredo e cas subidas de Codeso e Oli, que cuaxaron un gran encontro, sendo dos máis destacados.

Fernando seguiu facendo cambios e Unai e Josu sustituiron a Oli e Germán. O técnico lanzábase por completo a pola vitoria a pouco máis de 20 minutos para o final. A aposta tivo os seus froitos e chegou o gol. Presas iniciou a xogada rompendo o seu par e deixandolle un gran balón a Joni, que viu a entrada de Hugo polo centro e envioulle o coiro. O dianteiro en lugar de recibir, arrastrou os rivais e deixou pasar o coiro para a entrada de Alfredo, que fusilaba o garmallas e rompía a igualada.

O tanto fixo xustiza e os nosos lanzáronse a polo segundo, aínda que xa non se movería o marcador. Con esta vitoria o Ourense situase en quinto lugar a 6 puntos do Bande, 7 do Estradense e 3 do Moaña. Os vermellos quedan empatados a puntos con Sanxenxo e Porriño, cuarto e sexto da liga e entremedias de ambos. A próxima semana toca visitar O Grove, rival directo na loita e que conta con dous puntos menos.

La entrada UD Ourense 1-0 Campo Lameiro: Que comece a remontada! aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-0 Campo Lameiro: Que comece a remontada!

Mas noticias relacionadas