UD Ourense 1-1 Alertanavia: Un punto e a loita segue

Publicado por: U.D. Ourense

Empate da UD Ourense en O Couto fronte o Alertanavia. Mal partido dos de Fernando Currás, que a pesar de todo dominaron por completo a un rival agazapado e que aproveitou un erro da zaga vermella para adiantarse no marcador. Un testarazo de Omar salvou un punto nun encontro pouco vistoso.

Hai días bos e días malos. Días nos que un se levanta co pé esquerdo e non da pé con bola e días no que todo sae ben dende o comezo. Cuestión de dinámicas que din os entendidos. O Ourense onte tivo un deses días que deixan un sabor amargo, no que nada sae ben e no que un cúmulo de erros vanse arrastrando e acaban por impedir a consecución do obxetivo.

Os vermellos recibían a un Alertanavia que xa na primeira volta dera máis de un susto os de Currás. No seu campo, con outra aposta futbolística, pero o aviso estaba ahí. Os vigueses apostaron polo que se esperaba deles, un equipo repregado, coa liña defensiva moi atrasada e coa súa medular incrustada por delante dos zagueiros, impedindo movilidade no ataque local e pechando posibles ocos para as incursións dos xogadores ourensás.

Os primeiros 15 minutos foron de total dominio dos locais, que trenzaban con claridade e comezaban a inquedar a meta de Boiro. O dominio non se traduciu en goles e o equipo baixou en intensidade e en echegadas de perigo. Tan só Germán foi quen de perforar a meta rival nestes primeiros compases, pero a colexiada decretou fora de xogo de Joni, que participou na xogada. Foi o único intento serio dunha primeira metade insulsa, sen fútbol e no que non houbo moito máis que salientar.

A chegada a vestiarios foi un premio para o Alertanavia, que lograba anular a creatividade de homes coma Durán ou Luis e que aguantou os primeiros envites. Os vigueses, non chegaron nin unha soa vez o marco de Pato, que non tivo traballo. As contras dos visitantes non chegaron a bo porto e o coiro xogouse no seu campo. Os unionistas perderon a Joni por lesión, tras recibir unha patada dun rival. Xoel foi o encargado de entrar no seu lugar.

A segunda metade comezou como rematou a primeira. Pouco fútbol e pouco desborde. Adrián non conectaba en ataque e Unai e Xoel estaban mois sós nas bandas, aínda que o primeiro tentabao coa axuda de Codeso no desdobramento. A entrada de Alfredo en detrimento de Unai cambiou un pouco as cousas e o perigo dos vermellos icnrementouse.

Cando parecía que os ourensanistas comezaban a asediar a meta rival, chegou o tanto de Berto, que aproveitou un cúmulo de erros dos vermellos para batir a Pato e deixar xeado O Couto. Os vermellos viéronse arriba co gol e buscaron o tanto do empate. Xoel e Alfredo foron dos máis inicisvos en ataque. O xuvenil con grandes controis foi un perigo constante para a zaga e deixou detalles de gran calidade e bos pases, que non finalizaron en gol por erros na definición.

Alfredo estrelaba o coiro no pau e na réplica, Álex remataba de cabeza fora, totalmente libre de marca. Adrián tentouno tras un gran pase de Xoel en combinación con Josu, pero non era o día dianteiro. Probou sorte tamén Josu tras un pase de Xoel. pero o coiro foi rexeitado. Sería Omar, quen entrou o campo por Germán, o que acadaría o empate. Rubén Durán prolongaba de cabeza a banda, Codeso entraba en velocidade, recollía o coiro e centraba o área, onde Omar conectaba un testarazo para igualar a contenda.

De ahí o final, os vermellos volcáronse en ataque e Xoel e Alfredo voltaron a gozar dalgunha ocasión, pero o coiro non entrou e o empate final deixa un mal sabor de boca e leva o Ourense a quinta posición da táboa. O líder volta a ser o Estrandense, que se afasta en 5 puntos. Os vermellos quedan a 3 puntos da outra praza de ascenso que ocupa o Bande ae a 2 de Moaña e 1 de O Grove. A próxima semana, fronte o Marcón Atlético, só vale gañar.

La entrada UD Ourense 1-1 Alertanavia: Un punto e a loita segue aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-1 Alertanavia: Un punto e a loita segue

Mas noticias relacionadas