UD Ourense 12-0 SD O Val: Goleada para despedir a Liga en terras ourensás

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense goleou a SD O Val en Os Remedios, nun encontro marcado polo intenso calor e polo regreso os terreos de xogo de Mónica, a capitana do equipo, que se despedía do fútbol en competición ligueira. As nosas impuxéronse por 12-0 e seguen a pelexa da sétima praza.

Prácido triunfo da UD Ourense, no encontro que serviu de homenaxe para voltar a recibir a Mónica sobre os terreos de xogo, despois de 8 meses de ausencia pola súa lesión de xeonllo. A capitana voltou a lucir a elástica vermella, a última vez en competición ligueira, xa que a súa intención e desputar as Copas, tanto Deputación coma Galicia. A capitana sumouse a conta goleadora, anotando o noveno tanto, nun choque marcado polo dominio das nosas e polo poderío de cara a porta.

O sol marcou moito un encontro, que fixo que tantos as nosas coma as rivais, sufriran moito polas altas temperaturas, que rozaron os 33º as 16:00 horas. Laura foi a encargada de inaugurar o marcador, o anotar o primeiro tanto vermello os 2 minutos do inicio da contenda. De ahí o descanso, as nosas foron un vendaval de fútbol. Emma anotaría o segundo os 10 minutos de xogo e Zaira ampliaría as diferenzas no 15.

Emma sería a gran protagonista da primeira metade. A dianteira firmou un partidazo e sumou tres novos tantos no seu haber antes do descanso, marchando o descanso anotando 4 dos 7 tantos das súas. Zaira puña o 0-7 antes do pitido que marcaba o camiño os vestiarios.

Tralo paso por vestiarios, Rubén deu entrada a Aldara, Pacy, Noa, Andrea e a capitana Mónica, que foi recibida cunha atronadora ovación. María, Emma, Zaira, Laura e Silvia foron as sustituidas. O Val deu un paso adiante cos cambios rivais, aínda que esto non se traduciu en ocasións, as vermellas seguían dominando o coiro e gol tardou 25 minutos en chegar, ata que Andrea facía o oitavo.

 

De ahí o final, catro novos goles, con tantos de Mónica, Loh, Pacy y Feijoo. Con este resultado, as nosas seguen an loita pola sétima praza, empatadas a puntos co Victoria CF “B”. A próxima semana, visita a terras coruñesas para cerrar o campionato ligueiro diante do Deportivo “B”, flamante subcampión.

Consulta a galería de fotos en:

Flickr

La entrada UD Ourense 12-0 SD O Val: Goleada para despedir a Liga en terras ourensás se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 12-0 SD O Val: Goleada para despedir a Liga en terras ourensás

Mas noticias relacionadas