UD Ourense 2-0 CD Pontellas: Vitoria, 3 puntos e os postos de ascenso máis preto

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense sumou unha vitoria esencial diante do Pontellas, que lles permite sumar 3 puntos e situarse a 4 puntos dos postos de acceso directo, cunha xornada menos desputada que os seus rivais. Os tantos de Aitor e Hugo encarrilaron a primeira metade e deixaron o partido visto para sentencia. Boa imaxe dos pupilos de Currás que a próxima semana visitan o Ribeiro.

Partido a partido a UD Ourense prosegue sumando puntiños. Se fai 15 días impúxose o Campo Lameiro por 1-0, nun encontro controlado e que resolveu Alfredo a falta de dez minutos, onte tocoulle o turno o Pontellas, o que liquidou nunha gran primeira metade de xogo e ocasións. Os vermellos seguen crecendo e sumando partido a partido, aproveitando tamén os tropezos dos rivais (onte tocoulle a Moaña, Grove e Bande) e creendo que o ascenso é posible.

Currás apostou por un XI revolucionario, con novidades en varias liñas. Oli e Codeso, claves contra o Campo Lameiro, voltaron repetir nos laterais. Aitor foromou na medular e Presas tamén foi titular por primeira vez dende a súa fichaxe. O mediapunta sería decisivo a postre, sendo o autor das dúas asistencias que lle daban os 3 puntos o Ourense.

Foi un partido para resarcirse e para seguir amosando o cambio de dinámica tralo pequeno bache de fai un mes. Xa non vale errar e os xogadores teñen a lección ben aprendida. Hugo dispuxo da primeira tras unha parede con Alfredo, pero o dianteiro non acertou a batir o meta rival. O Pontellas deu a réplica por mediación de Lucho, que aproveitou unha indecisión de Vieytes o ceder o coiro a Pato, pero o meta uruguayo desbarataba a oportunidade visitante.

Aitor abría o marcador no minuto 15. Germán recuperaba o coiro na medular e servía para o propio Aitor, que tras combinar con Alfredo e Presas o primeiro toque, recibía un centro do mediapunta o segundo pao, o que chegaba o de Moreira para inaugurar o marcador e por por diante os locais.

O tanto espoleuo os nosos que se foron arriba en busca do segundo. Aitor rozouno dende fora da área e Hugo, moi inicisivo na loita cos centrais, tamén tivo opcións pouco despois. Sería o propio Hugo o que acabaría por ver porta tras unha xogade de Presas na que rompía a dous rivais e asistía para o dianteiro, que non perdoaba. Con 2-0, os vermellos respiraban e os visitantes quedaban tocados.

Tralo paso por vestiarios, baixou a intensidade do encontro e os equipos perderon fuelle en ataque. Chegaron os cambios de ambos técnicos, pero non houbo máis tantos. O partido trabouse e chegaron as tarxetas, que xa se facían esperar dende o primeiro período. O final, vitoria vermella e 3 puntos máis na loita polo ascenso. Próxima parada, Ribeiro.

#Rendersenonéunhaopción

La entrada UD Ourense 2-0 CD Pontellas: Vitoria, 3 puntos e os postos de ascenso máis preto se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 2-0 CD Pontellas: Vitoria, 3 puntos e os postos de ascenso máis preto

Mas noticias relacionadas