UD Ourense e Cidade das Burgas estreitan os seus lazos de unión

Publicado por: U.D. Ourense

Convenio entre Ourense e Cidade das Burgas para que Sonia Pacios, María Arias, Clara Fernández e Nahir Oliveira xoguen a Copa Galicia co conxunto vermello. Ambos clubes foron sempre da man e colaborarán  conxuntamente de cara a vindeiras tempadas, buscando mellorar o fútbol e fútbol sala feminino da cidade.

O Couto foi a sede dunha rolda de prensa conxunta entre UD Ourense e Cidade das Burgas. Un acto no que participaron Modesto García, presidente da UD Ourense, Camilo Saeta, presidente do Cidade das Burgas, Manolo Codeso, técnico do Cidade e Rubén García, adestrador do Ourense. Ademáis das xogadoras Sonia Pacios, Nahir Oliveira, María Arias e Clara Fernández, que xogarán a Copa Galicia co conxunto vermello.

“Somos dous clubes que confiamos na xente da casa, que estamos a traballar duramente nas nosas canteiras e que temos unha filosofía moi similar e sempre fomos da man dende o noso nacemento, cando eles nos acolleron maravillosamente”, sinalou Modesto. O presidente do Ourense apuntou tamén que “vamos a buscar acordos para a vindeira tempada. Os acordosCompartimos as mismas premisas, obxetivos e a mesma filosofía, que é chegar canto máis arriba, pero gardando as premisas que temos nos nosos clubes”.

Coas xogadoras presentes, Modesto sinalou que “a foto vai ser moi chamativa mañá e moi ilusionante para os nosos afeccionados, tanto de Cidade das Burgas coma de Ourense. Temos a estas catro xogadoras hoxe aquí que van a xogar coa UD Ourense o que resta de tempada”.

Camilo Saeta aproveitou para destacar que “vai ser algo interesante, algo bonito. Esperemos que todo funcione ben e vai ser algo importante o acordo entre os noso clubes”.

Manolo Codeso e Rubén García, os técnicos que xa levan traballando conxuntamente nestas ideas durante algún tempo. O técnico do Cidade das Burgas recalcou a oportunidade que pode ser para as máis pequenas. “Trátase dun proxecto que vimos traballando dende fai anos. Un proxecto de futuro, que vamos a aproveitar os dous clubes. Ímoslle dar as xogadoras da base a oportunidade de que poidan elixir entre fútbol e fútbol sala. Nuns meses farémolo oficial e o primeiro paso é que estas 4 xogadoras desfruten agora da modalidade de fútbol”.

Rubén García interviu para apuntar que “aquí en Ourense cada un vai polo seu lado e non se pensa en conxunto. Chegamos a conclusión que temos que ir da man, para darlle as nenas da base a oportunidade de facer deporte e para mellorar o deporte feminino nesta cidade, que ten que seguir crecendo”.

As xogadoras foron unánimes o sinalar a ilusión que lles fai. “Creo que hai que ir todos xuntos e que o proxecto vai ter un futuro bonito. Ágora a cambiar o chip e a facer algo ilusionante”, apuntou Sonia Pacios. “Eu estou moi ilusionada porque xa xoguei o fútbol e quero disfrutar de elo esta tempada, pasalo ben e axudar”, destacou Clara Fernández. Algo que tamén comentaba María Arias. “Estou moi ilusionada. Creo que necesitamos cambiar un pouco chip e poder desfrutar dos partidos de Copa ca UD Ourense, xa que tamén nos gusta poder vestir esta camiseta”. “Cambiamos de chip totalmente e queremos divertirnos”, finalizou Nahir Oliveira.

 

 

La entrada UD Ourense e Cidade das Burgas estreitan os seus lazos de unión se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense e Cidade das Burgas estreitan os seus lazos de unión

Mas noticias relacionadas