UD Ourense – Gondomar: Que siga o bo momento!

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense recibe o Gondomar (domingo, 18:00 horas) no estadio de O Couto nunha nova final cara o ascenso. O cadro vermello afronta a cita ca necesidade de sumar 3 puntos ante o seu público para seguir unha semana máis en postos de ascenso directo. O Ourense busca o sétimo encontro consecutivo sen encaixar.

Seguen pasando as xornadas e obxetivo do ascenso achegase cada vez máis o ourensanismo. O Ourense está a pasar por un momento doce, no que se amosa invicto e no que en 6 xornadas consecutivas tan so encaixou un empate na súa visita O Grove, contando o resto de encontro por vitorias. A esto hai que sumar o gran momento defensivo que está a vivir o clube, que leva 6 xornadas sen encaixar un tanto. Nin Grove, Campo Lameiro, Pontellas, Bande, Nogueira nin Ribeiro foron quen de perforar a meta de Pato.

Co equipo lanzado chega a visita do Gondomar, equipo da parte baixa da táboa, pero ante o que non se pode confiar o cadro de Currás. Os pontevedreses veñen a O Couto ca intención de sumar un bo resultado para seguir vivos na súa loita pola permanencia, algo que o fai todavía máis perigosos. Rival compricado e que virá a aproveitar as súas ocasións e pechar moi ben a súa liña defensiva para evitar tantos rápidos dos vermellos.

Fernando Currás poderá contar para este partido con todos os seus homes agás os lesionados Adrián Rodríguez e Samuel. Joni, que non completou a última sesión de adestramento, será finalmente da partida. O técnico de Esgos podería introducir algúns cambios con respecto o XI titular de Nogueira, aínda que as variacións serán mínimas. Pato seguirá baixo paus, cunha liña defensiva composta por Josu, Corzo Vieytes e Codeso, que foi suplente en Nogueira en detrimento de Oli. Na medular todo apunta a que será para Luis, Germán e Presas, aínda que Durán e Fran Martínez perfílanse coma opcións. Onde non hai dúbidas é en ataque onde Joni, Alfredo e Hugo formarán no tridente.

Encontro importante para os nosos diante da nosa afección, que voltará a respostar a chamada e apoiar os nosos. Precisamos máis que nunca os folgos de todos e cada un de vos, así que mañá, xa o sabedes, cita imperdible en O Couto. O camiño a Terceira pasa por gañar.

 

La entrada UD Ourense – Gondomar: Que siga o bo momento! se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – Gondomar: Que siga o bo momento!

Mas noticias relacionadas