UD Ourense – Monterrei CF: Volta a febre da Copa

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense desputa mañá martes a partires das 18:00 horas a volta dos cuartos de final da Copa Deputación. No encontro de ida en Rozavales, os nosos acadaron un empate con resultado de 2-2. Currás apostará polas rotacións tralo desgaste do pasado domingo en O Casal. Oportunidade de ouro de colarnos en semifinais.

O Ourense aparta a súa vista da Liga e mira de reollo o envite copeiro deste martes en O Couto. Os vermellos tratarán de clasificarse para as semifinais do torneo da Copa Deputación de Preferente e Primeira Autonómica, algo que non conseguiron a pasada campaña, tras caer co Bande, precisamente, en cuartos de final. Os vermellos puxéronse coma obxetivo alzar o torneo do KO, ademáis de acadar o ascenso a Terceira División.

O cadro que dirixe Fernando Currás afronta o encontro coa moral polas nubes, despois da súa gran racha ligueira, en onde en 8 partidos, acadaron 7 vitorias, cedendo tan só un empate e non encaixando ningún tanto. Precisamente, o último equipo capaz de facerlle un gol os ourensás foi o Monterrei, que no encontro de ida anotou dous tantos, nun duelo marcado por un dudoso penalti, que conlevou a expulsión do cancerbeiro Miguel Botana.

Para aquel choque, Currás dispuxo de ata 7 xuvenís en convocatoria, algo que non lle será de todo posible de cara a este encontro, xa que o xuvenil desputa a ida da Copa as 12:00 horas, polo que os xogadores que actúen co conxunto de Agustín, non poderán facelo pola tarde con Currás. Non obstante, a amplitude de plantilla fará que o técnico poida dar descanso a varios homes importantes e con sobrecarga de minutos.

O técnico de Esgos non poderá contar para este partido cas baixas confirmadas de Adri e Samu. Pato perfilase coma titular, pero podería haber algunha variación na porta. Na zaga, haberá varios cambios coa posible presenza de Oli e Xurxo nos laterais e Tito e Julio Martínez no eixe da zaga. A medular sería para Aitor, Fran Martínez e Omar. En ataque podería debutar Isma, última incorporación do equipo e Unai perfílase tamén no XI, ademáis da posibilidade de que actúe Durán caendo en banda. Carlos ou Xoel dependerán da convocatoria do xuvenil.

O Monterrei chega a O Couto a tentar dar a sorpresa e sabedores de que deben anotar un gol que lles de a clasificación, o que pode xerar espazos para os nosos xogadores. O conxunto da comarca de Monterrei acadou xa hai varias semanas a permanencia na Primeira Autonómica e marcha nunha cómoda 8ª praza con 43 puntos, sumando 12 vitorias e 7 empates e colleitando 12 derrotas, cun total de 55 goles a favor e 49 en contra. O equipo suma 3 derrotas consecutivas ante Maside, Verín e Antela, aínda que marcou nos 3 choques.

Tarde copeira en O Couto en busca de outro título que sumar as vitrinas do clube, pero antes toca apoiar os nosos para alcanzar as semifinais.

La entrada UD Ourense – Monterrei CF: Volta a febre da Copa se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – Monterrei CF: Volta a febre da Copa

Mas noticias relacionadas