UD Ourense – SD Bande: Festa do fútbol provincial en O Couto

Publicado por: U.D. Ourense

UD Ourense e SD Bande miden as súas forzas no estadio de O Couto, nun encontro calificado coma o partido da tempada. Ambos chegan empatados a 57 puntos e tan só 1 do Moaña, que pecha os postos de ascenso directo a terceira. Derbi por todo o alto nun estadio que encherá a grada de Tribuna.

A hora da verdade chegou e errar xa non está permitido. Co paso das xornadas, as necesidades acucianse e os puntos a sumar van sendo cada vez menos. O Ourense afronta unha cita marcada en vermello durante todo o ano e recalcada nas últimas datas, co equipo remontando posicións e voltando a meterse na pelexa polo ascenso. Non será tarea sinxela, pero a gañas, coraxe e forza ninguén nos pode gañar.

Os de Currás chegan a cita con todo o seu arsenal a disposición do técnico. Diego Vieytes, con molestias nas últimas semas, xa adestrou esta semana e apunta a que será da partida. Sen sancionados e co regreso de Fran Martínez, quen xa contou con minutos nos últimos encontros, o equipo afronta a recta final con todos os seus homes a disposición do preparador de Esgos, incluindo a Isma Martínez, última fichaxe do clube.

Enfronte estará un Bande que chega nunha mala dinámica de resultados e que viu coma en cousa dun mes, os ourensás remontáronlle unha vantaxe de 6 puntos para superalos na táboa e igualalos a puntos. O average favorece provisionalmente os ourensás, tras o triunfo en terras de Bande no encontro da primeira volta, que se saldou cun 0-1.

Non será un partido sinxelo ante un rival que acostuma a repregarse moi ben e buscar a estratexia e a contra o seu gol. Un equipo sen fútbol vistoso e que busca ser resultadista. Pedra dura a que se presenta no camiño e que os nosos tratarán de superar para seguir sumando na súa carreira cara Terceira, ademáis de imporse no average e distanciar a un rival directo. Os nosos queren aproveitar tamén que o Moaña se mide o Sanxenxo para meter terra de por medio con un dos dous, quenes son tamén rivais directos.

Festa do fútbol provincial, que se adianta a sábado e que dende logo será un atractivo para centos de persoas do fútbol provincial, que gozarán da oportunidade de ver un partido entre dous dos favoritos o ascenso e un derbi ourensán que levanta chispas dende a pasada tempada. O importante, que prime a deportividade e que dende a bancada non se deixe de ruxir nin un minuto.

La entrada UD Ourense – SD Bande: Festa do fútbol provincial en O Couto se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – SD Bande: Festa do fútbol provincial en O Couto

Mas noticias relacionadas