Visita a AECC Ourense no seu 25 aniversario

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita a sede en Ourense da Asociación Española Contra o Cancro, que cumpre este ano 25 anos de vida. Varios xogadores do primeiro plantel, directivos e adestrador quixeron amosar o seu apoio a esta histórica asociación ourensá.

Unha vez máis, e dentro dos nosos valores coma clube de accionariado popular, no que sempre nos amosamos a favor dos máis desfavorecidos e de aqueles colectivos que loitan por solucións contra enfermidades e problemas na nosa cidade e provincia, visitamos unha institución ourensá en loita contra o cancro.

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense celebra o seu 25ª aniversario na nosa provincia e convidou a UD Ourense a participar nos actos de conmemoración de tan importante data, recibíndonos na súa sede en Curros Enríquez Nº 26. No acto, participaron varios xogadores do primeiro plantel coma Pato, Germán, Luis, Fran Martínez, Adrián Rodríguez e Presas. Tamén estivo presente o noso técnico, Fernando Currás e Modesto García, Manuel Cabaleiro e Eladio Pérez por parte da directiva.

O presidente da UD Ourense, Modesto García, foi encargado de deixar un obxeto na cápsula do tempo, unha curiosa iniciativa lanzada pola AECC e que consiste en gardar nunha cápsula un obxeto durante varios anos e sacalo a luz 25 anos despois. Desta vez, o clube participou depositando unha bufanda, aproveitando que nesta tempada conta cos escudos dos 3 grandes clubes dos nosos corazóns. Os nosos ancestros, a Unión Deportiva Orensana e Clube Deportivo Ourense e noso actual clube, a UD Ourense.

Dende o noso clube, queremos agradecerlle a AECC Ourense que contara con nós para esta iniciativa.

La entrada Visita a AECC Ourense no seu 25 aniversario se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Visita a AECC Ourense no seu 25 aniversario

Mas noticias relacionadas