NOTA INFORMATIVA

Publicado por: F.G. Piragüismo

A UFEDEGA valora de forma positiva o acordo dos grupos políticos na comisión parlamentaria sobre o respaldo ás funcións públicas delegadas, mentres espera a resposta do goberno galego as súas peticións.

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) valora de forma positiva o acordo acadado está mañá na comisión parlamentaria sobre unha proposición non de Lei (PNL), impulsada polo Partido Socialista de Galicia e unha enmenda do Partido Popular sobre os recortes aplicados ás federacións deportivas galegas nos últimos anos e que dificultan o desenvolvemento das función públicas delegadas pola propia Xunta de Galicia a estas entidades. O feito de que todos os partidos políticos (PSG; PP, BNG e MAREA), tras un acordo transaccional, respaldaran a proposta, recoñecendo a difícil situación pola que están a atravesar, algunhas con subvencións inferiores aos 10.000 euros ao ano, foi recibido con satisfacción polo sector federado galego, consciente de que tamén os clubs están sufrindo recortes moi drásticos. Supón un paso adiante, pero agora tense que refrendar cun maior apoio económico por parte da administración autonómica. As federacións galegas celebrarán no mes de xuño unha nova asamblea xeral para analizar a evolución, tras a entrevista con presidente da Xunta de Galicia e a resolución desta comisión parlamentaria, consensuando a folla de ruta dos vindeiros meses.

Podéis ver las intervenciones de los parlamentarios desde 1h13’50» hasta o 1h47’50»

A Xunta Directiva da UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: NOTA INFORMATIVA

Mas noticias relacionadas