A Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación del Deporte Español asinan un acordo pioneiro para a captación de grandes eventos deportivos internacionais

Publicado por: UFEDEGA

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou na segunda xornada da Feira Internacional de Turismo de Madrid FITUR, un acordo de colaboración coa Asociación del Deporte Español (ADESP), representada polo seu presidente, José Hidalgo, para o fomento do deporte e o turismo deportivo en Galicia a través da Oficina de Desarrollo Internacional del Deporte Español, recollida baixo a marca ‘Spain Sports Global’ que ten como eixo principal de actuación a captación de eventos deportivos internacionais con gran capacidade de promoción deportiva e turística. No acto de sinatura tamén interviu a directora de Spain Sports Global, Mercedes Coghen.

Na súa intervención o secretario xeral para o Deporte destacou a importancia deste acordo para o turismo deportivo de Galicia da que salientou a súa “incomparable beleza, gastronomía e a calidade hospitalaria dos galegos e das galegas”. Neste sentido lembrou que Santiago de Compostela é “a meta dos camiños que vertebraron Europa”. “Camiños espirituais, relixiosos, culturais, turísticos e tamén deportivos”, dixo.

No seu relatorio Lete Lasa fixo un percorrido polos grandes eventos deportivos que acolleu Galicia como a Copa do Mundo de Fútbol de 1982 en Vigo e A Coruña, o Mundobasket de Ferrol en 1986 ou a Volta ao Mundo Volvo Ocean Race que saíu desde Vigo no ano 2005. Xa máis recentemente, destacou grandes eventos celebrados en 2018 como o Europeo de hóckey patíns masculino (A Coruña), o Europeo de J70 (Vigo) ou o Mundial Cadete de Ajedrez (Santiago) e adiantou algúns dos grandes acontecementos deportivos que terán lugar neste ano 2019 como o Europeo Júnior de Loitas Olímpicas (Pontevedra), o Mundial Júnior de Balonmán (Vigo y Pontevedra) e sobre todo os Campionatos do Mundo de Multideporte -dúatlon, acuatlón, aquabike e tríatlon de longa distancia e cross- (Pontevedra).

Como conclusión, o máximo responsable do Deporte galego salientou que grazas á sinatura de este acordo, Galicia “dá un paso máis no seu crecemento e benestar porque é un acordo que levará moita riqueza á nosa terra”.

 

La entrada A Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación del Deporte Español asinan un acordo pioneiro para a captación de grandes eventos deportivos internacionais se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: A Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación del Deporte Español asinan un acordo pioneiro para a captación de grandes eventos deportivos internacionais

Mas noticias relacionadas