A UFEDEGA ASESORA AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS, SOBRE O PROCEDEMENTO DE FINALIZACIÓN DE COMPETICIÓNS

Publicado por: UFEDEGA

Rafael Alonso, prestixioso experto en dereito deportivo informou a máis de 23 federacións deportivas galegas, das posibilidades que teñen para rematar as competicións

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020
A Unión de Federacións Deportivas Galegas coa colaboración de Rafael Alonso, experto en dereito deportivo, impartiu esta mañá, unha xornada de asesoramento sobre o procedemento de finalización de competicións. Nesta xornada participaron os presidentes e secretarios xerais de máis de 25 federacións deportivas Galegas.
O procedemento de finalización de competicións é un tema de vital importancia para as Federacións nestes momentos, xa que moitas están decidindo que decisión tomar en relación aos seus campionatos.
Abriu a xornada Rafael Louzán, presidente da UFEDEGA, incidindo na importancia de estar cerca das Federacións nestes momentos e ofrecendo a axuda da UFEDEGA a todas as entidades que o necesiten.
Rafael Alonso dividiu a súa conferencia en dous bloques, ¿Que facer coas competicións? e ¿Como tomar a decisión? No primeiro bloque facía referencia a completar, anular, finalizar ou modificar as competicións e no segundo bloque aos órganos competentes que teñen a facultade de tomar esta resolución na estrutura da Federación.
Finalizou a xornada cunha rolda de preguntas na que Rafael Alonso respondeu a todas as cuestións expostas.

La entrada A UFEDEGA ASESORA AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS, SOBRE O PROCEDEMENTO DE FINALIZACIÓN DE COMPETICIÓNS se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: A UFEDEGA ASESORA AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS, SOBRE O PROCEDEMENTO DE FINALIZACIÓN DE COMPETICIÓNS

Mas noticias relacionadas