COMUNICADO DA UFEDEGA

Publicado por: UFEDEGA

O deporte galego está a pasar por un dos momentos máis difíciles da súa historia. A incidencia da COVID-19 na nosa sociedade provocou un escenario económico incerto e repleto de novos retos para todas as entidades e organismos que pelexan no día a día para promocionar algo tan esencial e saudable nas nosas vidas como é a práctica deportiva.

Despois dunha das épocas máis complicadas para o noso país, dun confinamento cheo de temores, cando parecía que xa pasaramos o peor e que por fin os nosos deportistas poderían competir nas diferentes disciplinas deportivas, ATOPÁMONOS CUNHA PARALIZACIÓN DA PRÁCTICA DEPORTIVA DE CONTACTO E DE COMBATE AFECCIONADO QUE XA VAI MÁIS ALÓ DOS SEIS MESES E QUE É DIFÍCIL DE SOPORTAR PARA AS FEDERACIÓNS E OS NOSOS CLUBS QUE SE ATOPAN NUNHA GRAVE SITUACIÓN DE VIABILIDADE. Unha realidade difícil de entender para o deporte xa que non hai ningunha outra prohibición de tal calibre en ningún sector da sociedade.

As federacións e clubs galegos, amosaron a súa empatía e implicación coa sociedade e coas administracións nun momento no que, en tempo récord, houbo que reinventarse e chegar aos domicilios dunha poboación que precisaba do entretemento e dos beneficios da actividade física deportiva, non dubidamos en sumarnos ás labores de voluntariado, en doar e prestar material ou en dar apoio en calquera das formas que estivese nas nosas mans. O deporte galego tratou de estar á altura dunhas circunstancias que requirían unión, iniciativa e solidariedade.

Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas, manifestamos:

  • A necesidade de salvar e pelexar polo presente e futuro do deporte federado de Galicia. Pedimos axuda, empatía e solucións para un sector que supón a 2,63% do PIB Galego, do que dependen 272.000 DEPORTISTAS, máis de 000 FAMILIAS e que proporciona ingresos recorrentes a máis de 2.300 empresas.
  • As federacións deportivas galegas, e as súas entidades e deportistas levan meses traballando en exhaustivos e amplos protocolos para recuperar a súa actividade e garantir as medidas necesarias para minimizar os riscos ante un virus que non entende de economía, nin de política, incluso nin de ámbitos xeográficos, tan só de responsabilidade e disciplina, algo no que o mundo do DEPORTE PODE DAR GRANDES LECCIÓNS.
  • Somos DEZASETE as federacións deportivas galegas de contacto e de combate que nestes momentos seguen inmersas nun confinamento deportivo sen precedentes, dezasete federacións que representan o 70% das licenzas deportivas galegas , que piden regresar coa MÁXIMA SEGURIDADE sen perder a esencia das súas disciplinas, con cautela e respecto, pero SEN MEDO.
  • AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS, AO IGUAL QUE AS NOSAS ENTIDADES E DEPORTISTAS ESTAMOS MÁIS UNIDAS CA NUNCA e confíamos no traballo realizado así como nas medidas propostas para a reactivación. NON ELUDIMOS RESPONSABILIDADES e por iso solicitamos que as diferentes instancias do deporte tampouco o fagan, precisamos decisións, implicación, consenso e solucións urxentes.
  • Entramos nun período de tempo fundamental e decisivo para a práctica deportiva de contacto e de combate. Se nestas DÚAS PRÓXIMAS semanas non se pon fin a esta paralización nos abocará á inactividade ata máis aló do inicio do 2021, situación que daría lugar á DESAPARICIÓN DE MOITAS ENTIDADES DEPORTIVAS GALEGAS.
  • Solicitamos a todas as institucións tanto privadas como públicas, nacionais, autonómicas, provinciais e locais O APOIO E DEFENSA DO DEPORTE. Pedimos COORDINACIÓN entre institucións, rogamos non nos SUPRIMAM AXUDAS OU SUBVENCIÓNS e instamos á colaboración cos propietarios/as das instalacións, esas instalacións nas que meses atrás se realizaban grandes eventos, se celebraban grandes éxitos deportivos, onde se sacaron grandes fotos e presumíamos de ser unha potencia. Por favor, é urxente A CONFIRMACIÓN DUN PROTOCOLO MARCO DENDE AS MÁXIMAS INSTANCIAS DEPORTIVAS para poder regresar ás que durante moito tempo foron as nosas casas. As federacións e os clubs podemos facilitar o camiño, pero  todos vós tendes a chave, precisamos organización, empatía e implicación con todas esas entidades que tantas alegrías nos daban non hai moito tempo.
  • Realizamos un chamamento AOS RESPONSABLES POLÍTICOS E Á SOCIEDADE para que se suban ao barco da esperanza; O DEPORTE É SAÚDE É VIDA, NON É UN PROBLEMA, o deporte galego federado pode ser PARTE DA SOLUCIÓN na concienciación social e no adoutrinamento das medidas preventivas ante a COVID-19, no fortalecemento do sistema inmune, na conciliación familiar, etc…

É o momento do diálogo, das solucións, da unidade e da responsabilidade. O DEPORTE GALEGO FEDERADO ESTÁ PREPARADO PARA O REGRESO.

 

 

 

 

#DeporteSeguro

#SomosSolución

#ContaxiamosDeporte

La entrada COMUNICADO DA UFEDEGA se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: COMUNICADO DA UFEDEGA

Mas noticias relacionadas