Eleccións a UFEDEGA: Isidoro Hornillos remata a súa lexislatura e Rafael Louzán asumirá a presidencia

Publicado por: UFEDEGA

O proceso para a elección da nova Xunta Directiva da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) atópase na súa parte final. Hoxe serán referendados oficialmente todos os membros da única candidatura presentada, tras concluír o prazo sen que se formulou ningunha reclamación. O cambio máis significativo afecta á presidencia xa que Rafael Louzán (Fútbol) substitúe a Isidoro Hornillos (Atletismo).

O exatleta xa anunciara fai máis dun ano o seu desexo de non presentarse á reelección, unha vez que rematase esta lexislatura. Con todo, seguirá formando parte da Xunta Directiva, xunto a balonmán (vicepresidente); baloncesto (secretario) caza (tesoureiro); atletismo, karate, ciclismo, judo, piragüismo, voleibol e taekwondo (vogais).

 

Pola súa banda, Rafael Louzán, desde que alcanzou a presidencia da Federación Galega de Fútbol, estivo integrado na UFEDEGA. De feito a FGA de Fútbol ostentaba a vicepresidencia da UFEDEGA. Louzán asume este novo reto na súa traxectoria como dirixente deportivo, tras haber xestionado unha única lista de consenso.

Baixo a presidencia de Isidoro Hornillos e sendo Secretario Xeral de Deportes José Ramón Lete, a UFEDEGA foi recoñecida na Lei do Deporte de Galicia, cumpríndose unha das reivindicacións das federacións. Á súa vez, a Unión de Federacións Galegas tivo un papel moi activo contra a pretensión do goberno de España de implantar a Licenza Deportiva Única, declarada anos máis tarde inconstitucional, en relación ao seu efecto transversal, por parte do Tribunal Constitucional.

Nas últimas tempadas a UFEDEGA denunciou dos efectos negativos derivados do descenso das subvencións da Xunta de Galicia ás federacións deportivas galegas e que poñía en risco o cumprimento das funcións públicas delegadas. No 2018 a súa Xunta Directiva reuniuse co presidente Núñez Feijoo para expresarlle a súa preocupación e a necesidade de aumentar o investimento orzamentario ao deporte galego. O propio Parlamento de Galicia, fai xa 10 meses e co voto favorable de todos os partidos políticos, instou á Secretaría Xeral para o Deporte a que cuantificase os costos desas funcións delegadas.

Aparte da atención aos temas de interese común das federacións, a organización de sesións de traballo sobre o Seguro de Accidentes Deportivos ou as I Xornadas sobre Políticas Deportivas Galegas foron algunhas das iniciativas desenvoltas por parte da UFEDEGA, dirixidas a poñer en valor as repercusións da práctica deportiva, e en especial a federada, tanto a nivel económico, turístico, saudable e formativo.

Na actualidade a UFEDEGA está preparando un conxunto de propostas, xunto co resto de asociacións de federacións autonómicas de España, en relación ao anteproxecto da Lei do Deporte de España aprobado recentemente por parte do Consello de Ministros

La entrada Eleccións a UFEDEGA: Isidoro Hornillos remata a súa lexislatura e Rafael Louzán asumirá a presidencia se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: Eleccións a UFEDEGA: Isidoro Hornillos remata a súa lexislatura e Rafael Louzán asumirá a presidencia

Mas noticias relacionadas