Eu son DGAN

Publicado por: UFEDEGA

O programa “Eu son DGAN” nace da constante preocupación polos deportistas da secretaria xeral para o deporte, Marta Míguez, desde que accedeu ao seu cargo.

A súa experiencia cando tivo que abandonar o deporte de alta competición permitiulle decatarse de que o paso do deporte de alto nivel ao mercado laboral non era fácil.

Por iso sente a necesidade de facer todo o posible para que ese paso do mundo do deporte ao mundo laboral lles sexa aos nosos e ás nosas deportistas máis doado.

O programa “ Eu son DGAN” é unha iniciativa que quere chegar a todas e todos os deportistas de alto nivel de Galicia, aos de hoxe, aos de mañá pero tamén aos de onte, a aqueles que nalgún momento foron DGAN.

Para levar a cabo esta iniciativa contamos cun gran aliado, a Fundación ONCE e as súas entidades de intermediación laboral Ilunion Empleo e Inserta Empleo.


Enlace con la noticia original: Eu son DGAN

Mas noticias relacionadas