Publicado por: F.G. Ciclismo
A Copa Galicia de ciclocrós xa ten calendario definitivo para a presente tempada e abarcará desde o 7 de outubro ao 30 de decembro.
O calendario fórmano as seguintes probas:
Outubro: Poio (7), Santiago (12), Marin (14) e Porriño (27).
Novembro: Culleredo (1), Esmelle (3), Ferrol (4), Dumbria (11), O Rosal (17), Ponteareas (18), Arteixo (24), Xalo (25).
Decembro: Viveiro (2), Boiro (6), Pontevedra (8), Betanzos (16), Maceda (22), Baños de Molgas (23), Campionato de Galicia (30).
Ademais haberá que sumar a data do Campionato de España que terá lugar na Illa dás Esculturas de Pontevedra do 11 ao 13 de xaneiro de 2019.
Todas as probas serán de carácter autonómico e nacional fóra das últimas catro que (Betanzos, Maceda, Baños de Molgas e o Campionato de Galicia) que só serán de rango autonómico.
A cita de Chan de Xaxán en Marín debutará como a primeira proba que se celebra en Galicia de carácter internacional, sen dúbida un gran reclamo para contar cun pelotón de alto nivel e unha gran responsabilidade para o Club Ciclista Marín como organizadores dun carreira que marcará un fito histórico no ciclocrós da nosa comunidade.
Con respecto a pasadas tempadas destaca a incorporación das carreiras de Arteixo, Monte Xalo e Baños de Molgas ademáis da recuperación da cita de Dumbria e a de Ponteareas, unha histórica desta especialidad que retorna ao calendario de competición.
Cambios no programa de saídas
A Comisión Técnica encargada da xestión da competición de ciclocrós decidiu realizar cambios esta temporada en canto á orde de saídas adecuando os seus horarios dependendo si celébranse en xornada de mañá ou de tarde. Así as cousas a orde de saídas será o seguinte.
Xornadas de mañán
SAIDA |
CATEGORIAS |
HORA |
Promoción |
Infantil |
09:30 |
1ª |
Master 50/60 Master 40 |
10:00 |
2ª |
Master 30 |
11:00 |
Entrega de premios categorías máster |
11:50 |
|
3ª |
Cadetes masculino e feminino |
12:15 |
4ª |
Elite/sub23 masculino e feminino Junior masculino e feminino Master feminino |
13:00 |
Xornadas de tarde
SAIDA |
CATEGORIAS |
HORA |
Promoción |
Infantil |
14:30 |
1ª |
Master 50/60 Master 40 Cadete masculino e feminino |
15:00 |
2ª |
Master 30 Elite/sub23 masculino e feminino |
15:50 |
3ª |
Elite/sub23 masculino Junior masculino |
16:50 |
Enlace con la noticia original: Anunciase o calendario da Copa Galicia de Ciclocrós 2018/19