Anunciase o calendario da Copa Galicia de Ciclocrós 2018/19

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A Copa Galicia de ciclocrós xa ten calendario definitivo para a presente tempada e abarcará desde o 7 de outubro ao 30 de decembro.

O calendario fórmano as seguintes probas:

Outubro: Poio (7), Santiago (12), Marin (14) e Porriño (27).

Novembro: Culleredo (1), Esmelle (3), Ferrol (4), Dumbria (11), O Rosal (17), Ponteareas (18), Arteixo (24), Xalo (25).

Decembro: Viveiro (2), Boiro (6), Pontevedra (8), Betanzos (16), Maceda (22), Baños de Molgas (23), Campionato de Galicia (30).

Ademais haberá que sumar a data do Campionato de España que terá lugar na Illa dás Esculturas de Pontevedra do 11 ao 13 de xaneiro de 2019.

Todas as probas serán de carácter autonómico e nacional fóra das últimas catro que (Betanzos, Maceda, Baños de Molgas e o Campionato de Galicia) que só serán de rango autonómico.

A cita de Chan de Xaxán en Marín debutará como a primeira proba que se celebra en Galicia de carácter internacional, sen dúbida un gran reclamo para contar cun pelotón de alto nivel e unha gran responsabilidade para o Club Ciclista Marín como organizadores dun carreira que marcará un fito histórico no ciclocrós da nosa comunidade.

Con respecto a pasadas tempadas destaca a incorporación das carreiras de Arteixo, Monte Xalo e Baños de Molgas ademáis da recuperación da cita de Dumbria e a de Ponteareas, unha histórica desta especialidad que retorna ao calendario de competición.

Cambios no programa de saídas

A Comisión Técnica encargada da xestión da competición de ciclocrós decidiu realizar cambios esta temporada en canto á orde de saídas adecuando os seus horarios dependendo si celébranse en xornada de mañá ou de tarde. Así as cousas a orde de saídas será o seguinte.

Xornadas de mañán

SAIDA

CATEGORIAS

HORA

Promoción

Infantil

09:30

Master 50/60

Master 40

10:00

Master 30

11:00

Entrega de premios categorías máster

11:50

Cadetes masculino e feminino

12:15

Elite/sub23 masculino e feminino

Junior masculino e feminino

Master feminino

13:00

 

Xornadas de tarde

SAIDA

CATEGORIAS

HORA

Promoción

Infantil

14:30

Master 50/60

Master 40

Cadete masculino e feminino

15:00

Master 30

Elite/sub23 masculino e feminino

15:50

Elite/sub23 masculino

Junior masculino

16:50


Enlace con la noticia original: Anunciase o calendario da Copa Galicia de Ciclocrós 2018/19

Mas noticias relacionadas