A oitava edición do DHU Vila de Sarria foi un éxito de participación e asistencia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Os números non enganan, a VIII edición do mellor descenso urbano de España deixa claro que 200 riders e máis de 7000 asistentes non se equivocan. Esta pasada fin de semana tivo lugar o DHU Vila de Sarria, un auténtico éxito de asistencia, que encheron as rúas que percorren o circuíto máis extremo do descenso urbano.

Un deporte que, desde a Federación Galega de Ciclismo e clubes comprometidos como o organizador do evento, o CC DH Galicia, apoian o deporte base promovéndoo cunha versión “ mini” na que os máis pequenos foron os protagonistas da xornada do sábado pola mañá.

Xa o domingo, despois dos adestramentos da mañá tivo lugar a competición na que velocidade e adrenalina foron o prato forte do evento. 1 minuto 32 segundos e 651 décimas era o tempo que proclamaba gañador desta edición ao xa reincidente campión Marco Veiga, seguido de Manuel Pellón e Daniel Ruiz.

Para o scratch feminino subíase ao podio en primeira posición Fany Cabarcos, que despuntaba cunha perfecta baixada seguida de Eva Castro e Uxía Álvarez.

Documentos: 

Enlace con la noticia original: A oitava edición do DHU Vila de Sarria foi un éxito de participación e asistencia

Mas noticias relacionadas