Lois venceu en La Capitana e sentenciou matemáticamente o Open de España de XCM

Publicado por: F.G. Ciclismo

O ciclismo galego xa conta cun título de Open de España neste 2019. Lara Lois sentenciou matemáticamente o ránking elite feminino do certame estatal de Cross Country Maratón (XCM). A biker do Extol – La Gramola Team venceu con solvencia na penúltima proba puntuable, a X Maratón Capitana Javi Cabeza. 

O terceiro triunfo en catro xornadas para a grovense chegou nun percorrido de 90 kilómetros, con 2.400 metros de desnivel acumulado, con saída e chegada en Guadalcanal (Sevilla). Lois cruzou a liña de meta cun tempo de 4 horas 39 minutos e 4 segundos. A 8 minutos e 24 segundos da galega rematou a tamén elite Desirée Moya (Manzanares) e o podio absoluto completouno a máster-40 Sarah Gosden (Bikes 101).

A última cita deste Open de España será a Lalín Bike Race. Lois garantiuse ser coroada o vindeiro 2 de xuño na carreira que organiza o seu clube e o Extol – La Gramola Team ten opcións de acadar outro título, aínda que o ten moi complicado. Fernando Guerra presentouse en La Capitana como segundo clasificado na táboa máster-30, pero o seu sexto posto e o triunfo do líder Iván Vargas (Suraventura) ampliaron a vantaxe do andaluz ata os 154 puntos. 

 

Máis información 

 


Enlace con la noticia original: Lois venceu en La Capitana e sentenciou matemáticamente o Open de España de XCM

Mas noticias relacionadas