Catro colexiados galegos ascenden a categoría Nacional

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O ciclismo galego contará para a próxima tempada con catro novos árbitros de categoría nacional. Os colexiados galegos asistentes aos exames de ascenso celebrados en Madrid o 12 de novembro obtiveron pleno de aprobados entre os 37 candidatos asistentes, procedentes de 9 CTA Autonómicos.

Os recentemente ascendidos son: Beatriz Igrexas Peón, Mª Dolores Cuñarro Barros, María Leiro Dopazo e David Israel González que completou ademais todas as especialidades incluíndo pista e BMX. Os galegos contaron co apoio do CTA dirixido polo seu presidente e a responsable de formación Emma Fernández.

A próxima acción formativa do CTA RFEC terá lugar o 24 de novembro, coa realización dos exames de ascenso á categoría Autonómica. As probas desenvolveranse en 7 sedes que acollerán aos 61 comisarios inscritos aos mesmos.


Enlace con la noticia original: Catro colexiados galegos ascenden a categoría Nacional

Mas noticias relacionadas