CAMBRE ULTIMA OS PREPARATIVOS DO CAMPIONATO DE GALICIA ELITE E SUB23 DE ESTRADA

Publicado por: F.G. Ciclismo

O Club Ciclista Cambre- Caeiro organizará o próximo día 20 de maio o Campionato de Galicia Elite Sub-23 de fondo na estrada 2018 patrocinado por Ferrovial. Este club que xa conta coa experiencia de organizar outros Campionatos de Galicia como o de Contrarreloxo, BTT ou Ciclocrós, será o encargado, xunto co Consorcio As Mariñas, de organizar esta prestixiosa proba de máximo nivel que reunirá un pelotón duns 120 ciclistas da Comunidade Galega xunto con equipos vindos de Portugal, Asturias, Castela León e Madrid.

A saída e meta desta competición terá lugar en Culleredo, Avd. Xoan Carlos I, para levar aos ciclistas por un esixente percorrido de 123 quilómetros que trascurre polos oito concellos pertencentes ao Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada).

Os técnicos do C. C.Cambre- Caeiro xunto coa Federación Galega de Ciclismo deseñaron un percorrido cunha primeira parte predominantemente chaira deixando para os últimos quilómetros as dificultades montañosas como pode ser a subida do Monte Xalo ata Castelo.


Enlace con la noticia original: CAMBRE ULTIMA OS PREPARATIVOS DO CAMPIONATO DE GALICIA ELITE E SUB23 DE ESTRADA

Mas noticias relacionadas