Sanxenxo será unha festa este fin de semana co Campionato de Galicia XCO e o mini btt

Publicado por: F.G. Ciclismo

O Campionato de Galicia de btt XCO iniciou a súa conta atrás coa presentación oficial da proba que tivo lugar na Praia de Canelas de Portonovo. No acto estiveron presentes o Concelleiro de Deporte e Turismo de Sanxenxo, Jesús Sueiro; o presidente da FGC, Carlos Muñiz; o presidente do club organizador, Iván Pérez e o seu directivo Tomás Basdedios así como o ciclista local, Ringo Deza. Ademais do Campionato tamén se anunciou a sexta edición do mini btt Concello de Sanxenxo que terá lugar no mesmo escenario na xornada matinal.

A cita autonómica para btt en campo a través distancia olímpica iniciarase ás catro e media da tarde e os organizadores contan con ter un rexistro histórico de participantes.

Con respecto a 2017, defenderán título en Sanxenxo os veteranos José Ramón Castelo (Castro Barbudo) en M50, Alex Trasbach (Racing) en M40 e Marcos Maio ( Btt Ou Treito) en M30. Tamén o farán Adrián Valverde ( elite); Samuel González ( Sub23); ; Irene Trabazo ( Sub23) e Lucia Vázquez ( elite).

A vixente campioa junior, Sara García (Mugardos) non competiu esta tempada e haberá grupos de idade que terán vencedores inéditos ao subir de categoría os gañadores da pasada edición. Son os casos do campión junior 2017: Iván Feijoo (Maceda) e dos cadetes Carlos Canal (Maceda) e Andrea García (Maceda) que xa forman no pelotón junior.


Enlace con la noticia original: Sanxenxo será unha festa este fin de semana co Campionato de Galicia XCO e o mini btt

Mas noticias relacionadas