Entrada libre á Gala do Ciclismo Galego: imprescindible confirmar asistencia antes do 25 de febreiro

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de febreiro a Gala do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde do Concello de Pontevedra. A entrada a este evento é libre, pero é imprescindible confirmar asistencia antes do martes 25 de febreiro. Este trámite pódese facer poñéndose en contacto co teléfono 629 830 057 ou escribindo un correo electrónico a protocolo@fgalegaciclismo.es

A Gala dará comezo ás 19:30 horas e, ademais de recoñecer e galardoar aos ciclistas da nosa comunidade autónoma que protagonizaron os fitos deportivos máis destacados ao longo de 2019, contará coas actuacións do guionista e monologuista Federico Pérez e do grupo musical Croma.

Agardámosvos!


Enlace con la noticia original: Entrada libre á Gala do Ciclismo Galego: imprescindible confirmar asistencia antes do 25 de febreiro

Mas noticias relacionadas