O Infantil "A" cedeu na segunda parte co Areosa

Publicado por: Pabellon C.F.

A primeira metade desenolveuse sen que se movese o marcador e foi na segunda cando chegarían os goles. O descanso non pareceu sentarlle moi ben aos de Quique Serantes, que aos tres minutos encaixarían o primeir tanto local e dez máis tarde o segundo.

Con ese panorama a EDO lanzouse á búsqueda do gol que o metese no partido e conseguiríao por medio de Villaverde. Parecía abrirse un raio de esperanza para, polo menos, empatar pero catro minutos despois o Areosa colocaría o terceiro para o 3-1 abortando calquera opción de puntuar para os ourensáns pese a que restaban case quince minutos. O equipo intentouno pero os vigueses defenderon a renda. Ver ficha técnica.

Ao remate desta primeira volta o equipo lidera o grupo con 35 puntos, cun colchón de dez con respecto á zona de descenso. Ver clasificación.


Enlace con la noticia original: O Infantil "A" cedeu na segunda parte co Areosa

Mas noticias relacionadas