O XVIII Trofeo Rosón Asesores confirma aos líderes da Copa Galicia de Ciclocrós

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A choiva fixo acto de presenza na segunda xornada do calendario galego de ciclocrós, o XVIII Trofeo Rosón Avogados & Asesores Tributarios organizado polo Club Ciclista Mobles Compostela. Esta circunstancia favoreceu que as carreiras estivesen máis preto do que se espera dunha proba desta modalidade e os participantes puideron medirse sobre o mesmo barro que o ano pasado coroou aos campións de Galicia. Unha semana despois da cita inaugural, os líderes que ssaliron dalí nas diferentes categorías confirmaron con vitorias as súas posicións. As únicas excepcións foron Jorge Martínez (Ponteareas) en junior e Anita Sánchez (MTC) en master 40.

Na primeira manga, o portugués Antonio Sousa (Bifase) protagonizou un pechado duelo con Javier de la Fuente (Norinver) que se resolveu a favor do luso no tramo final de carreira. O terceiro caixón do podio foi Mario Castro (Cortizo) moi traballado ante Magariños (Condado) e Lago (Spol).

Xacob Agra (Louriña) sumou a súa segunda vitoria esta tempada aínda que para iso tivo que realizar unha carreira sen apenas respiro: saída veloz e alto ritmo para evitar que José Maceira (Macebike) puidese arrebatarlle a vitoria. Duelo de porriñeses que acompañou Marcos Maio (Btt Treito) coa terceira praza dunha carreira na que non estiveron Manuel Armada (AGC) nin Alejandro Trasback (Racing).

Andres Calvete (Monte Xalo) volveu ser o máis rápido en master 30 e defendeu a súa posición na cabeza de carreira mentres un dos seus principais rivais, Luciano carretero (Cambre) tivo que empregarse para remontar posicións tras unha primeira volta complicada que a punto estivo de custarlle o podio. Ao final foi segundo tras superar a Santiago Seijo (Pulpeiros) nos últimos compases da proba.

A saída fulgurante de Fabián Rodríguez (Caimanes) non foi suficiente para sorprender en categoría cadete ao líder da Copa Galicia Miguel Rodríguez (Ponteareas). Certo que Fabián completou unha das súas mellores carreiras das últimas que disputou pero o ponteareán mostrouse máis técnico sobre o barro compostelán e acabou sumando un novo triunfo. Sergio Lorenzo (Avanza) pechou un brillante podio. O crecemento físico e deportivo de Laura Capa (Marin) preséntaa como principal favorita a dominar a categoría cadete na que é a súa segunda campaña. No trazado de San Lázaro volveu vencer sen que Zaira Vila (Coruxo) puidese seguir a sua roda. Sonia Domínguez (Marín) foi terceira.

A camisola de líder en categoría junior cambiou de mans en Santiago. Nunha manga marcada polo seu final anticipado debido a unha caída, o vigués Jorge Fernández (Ponteareas) cruzou a meta por diante de Xoel Montes (Avanza). O vencedor en Poio, sorprendido por acabar antes de tempo tivo que resignarse a ver como Lorenzo, con igualdade de puntos na Copa, poñíase líder por mellor resultado na última proba.

As circunstancias obrigaron a que os ciclistas das categorías elite, sub23 e junior tomasen o camiño dos vestiarios cando só se disputara media carreira (tempo suficiente para outorgar validez á clasificación ata ese momento e evitar unha incómoda espera ao frío e baixo a chuvia para facer unha continuación). Ata entón a proba seguía o guión máis ou menos agardado con Iván Feijoo (Maceda) liderando na proba masculina e Irene Trabazo (Marín) a feminina. Na sua victoria, o alaricano estivo acompañado no podio por Samuel González (Guerciotti) e Pablo Alvarez (Cambre). En elite vivuse un novo triunfo do vixente Campión de Galicia, Adrián Valverde (Rías Baixas) ante Luís Fernandez (Avanza) e Jorge Punzón ( Prebetong) que foron segundo e terceiro respectivamente.

A categoría feminina deixou unha nova exhibición de Irene Trabazo (Marin) que se detiña en meta como primeira absoluta e primeira sub 23, categoría ésta que completou Zaida González (O Rosal). Mª José Gómez (Cambre) foi a mellor elite por diante de Mª Jesús Barros (Spol) e de Diana Branco ( Mitto) mentres Andrea Garcia (Maceda), Aida González (Maceda) e Alba Méndez (Cambre) formaron o podio junior feminino.

As inclemencias da xornada obrigaron a realizar a entrega de trofeos no interior da sede do club ciclista compostelán no estadio de San Lázaro, un acto que contou coa presenza do Subdelegado Xeral para ou Deporte da Xunta; o concelleiro de medio rural e obras do Concello de Santiago de Compostela; a representante de Rosón Avogados e Asesores Tributarios; o Director de Mobles Compostela e o presidente da Comisión xestora da Federación Galega de Ciclismo.

PODIO

M 5/6

ANTONIO SOUSA

Bifase

 

 

JAVIER DE LA FUENTE

Norinver

 

 

MARIO CASTRO

Cortizo

 

 

 

M4

XACOB AGRA

Louriña

ANITA SÁNCHEZ  *

MTC

JOSE MACEIRA

Macebike

MONICA ALARCÓN

Arcadecycle

MARCOS MAYO

Btt Treito

 

 

 

M3

ANDRES CALVETE

Monte Xalo

MONTSERRAT MARTÍNEZ

Saertex

LUCIANO CARRETERO

Cambre

 

 

SANTIAGO SEIJO

Pulpeiros

 

 

 

CD

MIGUEL RODRÍGUEZ

Ponteareas

LAURA CAPA

Marin

FABIÁN RODRÍGUEZ

Caimanes

ZAIRA VILA

Coruxo

SERGIO LORENZO

Avanza

SONIA DOMÍNGUEZ

Marin

 

JR

JORGE FERNÁNDEZ *

Ponteareas

ANDREA GARCÍA

Maceda

XOEL MONTES

Avanza

AIDA GONZÁLEZ

Maceda

RAÚL RODRÍGUEZ

Redondela

ALBA MENDEZ

Cambre

 

S 23

IVAN FEIJOO

Maceda

IRENE TRABAZO

Marin

SAMUEL GONZÄLEZ

Guerciotti

ZAIDA GONZÁLEZ

O Rosal

PABLO ÁLVAREZ

Cambre

 

 

 

ELITE

ADRIÁN VALVERDE

Rías Baixas

Mª JOSE GÓMEZ

Cambre

LUIS FERNÁNDEZ

Avanza

Mª JESÚS BARROS

Spol

JORGE PUNZÓN

Prebetong

DIANA BLANCO

Mitto

 


Enlace con la noticia original: O XVIII Trofeo Rosón Asesores confirma aos líderes da Copa Galicia de Ciclocrós

Mas noticias relacionadas