UN GRAN PREMIO CICLISTA PARA INCENTIVAR O COMPOSTAXE DOMÉSTICO

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O I Gran Premio Consorcio As Mariñas estará incluído no Campionato de Galicia de elite sub23 que se celebrará o próximo día 20 e servirá como escaparate da campaña de mellora e promoción da compostaxe doméstica levada a cabo por ente supramunicipal mariñán. O Campionato ciclista e a campaña presentáronse de maneira oficial na Casa de Cultura do Concello de Cambre, localidade sede do Club Ciclista Cambre Caeiro, organizador da competición.

A proba ciclista contará coa participación duns 120 corredores de equipos de Galicia, Asturias, León, Madrid e Portugal. "Será un percorrido espectacular" augurou Antonio Carrodeguas, presidente do Clube Ciclista Cambre Caeiro. O ciclista profesional Dani López, presente no acto, deu unhas pinceladas do traxecto de 120 quilómetros e vaticinou que se poderá decidir na subida ao Monte Xalo. A organización contará cun equipo voluntario de 100 persoas de todos os concellos para o dispositivo de seguridade. O operativo terá 15 motos de tráfico e outras 14 de a organización.

Para promover o comezo do plan, o Gran Premio ciclista terá por slogan # pedaleoareciclar. No recinto multiusos da ría do Burgo dispoñerase unha carpa como punto informativo para os veciños. Haberá contedores para o deposito de oito tipos de residuos e repartiranse camisetas e bolsas para difundir a campaña. Haberá tamén un eco- photocall e talleres sobre compostaxe. O alcade de Cambre resaltou que esta iniciativa "é unha mostra máis de que os concellos poden alcanzar metas altas se non miran as súas cores políticas". Mostrou o seu desexo de que no futuro esta proba sexa na área metropolitana coa Coruña incluída.

O presidente da Federación Galega de Ciclismo mostrouse encantado por conxugar o transporte sustentable en bicicleta coa promción da reciclaxe. Tamén destacou a dinamización da contorna que logra o ciclismo e a riqueza paisaxística que se poderá ver no percorrido. A proba está financiada ao completo por Ferrovial, concesionaria do servizo de recollida de residuos adoitados urbanos do Consorcio.

Ao acto acudiron ademáis o presidente do Consorcio, José Antonio Santiso e a técnico de medio ambiente do Consorcio, Inés Peleteiro. Tamén asistiu o alcalde de Culleredo, José ramón Rioboo, un dos principais impulsores da proba ciclista e o rexedor de Carral, José Luis Fernández Mouriño ademais de representantes de Cespa, patrocinador da proba e ciclistas do club cambrés.


Enlace con la noticia original: UN GRAN PREMIO CICLISTA PARA INCENTIVAR O COMPOSTAXE DOMÉSTICO

Mas noticias relacionadas