A FEGATRI e a FGC renovan o seu convenio de colaboración de cara ao 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O tríatlon galego e o ciclismo da nosa comunidade, xuntos baixo un convenio de colaboración entre as dúas federacións. Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega Ciclismo (FGC), e Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno (FEGATRI), asinaron este venres 5 de decembro un convenio de colaboración para facilitar que os deportistas con licenza nunha das dúas federacións poidan participar en probas pertencentes ao calendario do outro organismo.

Este acordo, vixente ata o 31 de decembro do 2020, abrangue os seguintes eventos do calendario FEGATRI:

  • XI Dúatlon Cros de Reis de Vimianzo.
  • I Dúatlon Popuplar Concello de Nigrán.
  • II Dúatlon Cros Meirás-Sada.
  • V Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros (Popular).
  • II Dúatlon das Letras de Baio (Circuito de Dúatlon Cros).
  • XXXI Tríatlon Concello de Oleiros (Popular).
  • III Tríatlon Desafío Illas Estelas Nigrán (Popular).
  • V Tríatlon Popular de Negreira.
  • III Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña (Popular).
  • Gran Premio Tríatlon Pobra do Caramiñal (Popular).
  • VII Tríatlon Porriño – Tui.
  • V Tríatlon Popular de Cambados.
  • IV Trishark Narón.
  • Tríatlon Popular de Allariz.
  • IV Tríatlon Concello de Rianxo.
  • VI Vertiatlon Solidario de Baiona.

A estas probas hai que engadir calquer outra de carácter popular (aberta a licenzas dun día) de triatlón sprint, duatlón, triatlón cross e duatlón cross non calendadas e que se poidan celebrar baixo o amparo da FEGATRI da tempada 2020.

Pola súa banda, as probas da FGC son todas aquelas de cicloturismo, estrada e BTT. Licenza dun día

-Será tramitada pola federación organizadora aos deportistas da outra federación. Seguro deportivo

-O custe será de 2,20 euros para os deportistas da FGC que participen nunha proba da

FEGATRI e de 5 euros para os deportistas da FEGATRI que participen nas probas da FGC.

Inscrición

Cada un dos deportistas federados deberá formalizar as súas inscricións a través da plataforma de inscricións habilitada para a proba (da federación organizadora) na que se desexa formalizar a inscrición. A plataforma de inscricións debe contar cunha categoría específica de “Licenza FGC” e “Licenza FEGATRI” que permita automaticamente cobrar o custo da licenza dun día cos custos anteriormente sinalados.

 


Enlace con la noticia original: A FEGATRI e a FGC renovan o seu convenio de colaboración de cara ao 2020

Mas noticias relacionadas