Teijeiro e Serantes, campións galegos de marathon

Publicado por: F.G. Atletismo

De novo as rúas do Concello da Coruña enchéronse de atletas para disfrutar dun día de ruta na que preto de 2500 atletas tomarían parte na VII Marathón Atlántica. Esta proba, xa asentada e consolidada no calendario nacional, era da mesma maneira Campionato de Galicia e proba de 10 km para aqueles que desexaron un circuito máis accesible en canto a distancia.

Con toda a gran loxística preparada dende primeiras horas do anoitecer, daríase a saida as 08.30 a máis de mil atletas na que que a priori non había ningún claro favorito para o título autonómico. Para disipar dúbidas habería que agardar ata transcurridos 2h.35:28 para ver entrar no marco incomparable da praza de María  Pita a Ramón Serantes do Marineda Atlético impoñeerse neste Campionato por diante tanto de Cayetano García con 2h.27:30 do 3RUN by Pedro Nimo como de Alberto Moris do Marineda Atlético con 2h.39:29. Manuel Cañar sería o gañador absoluto da Marathon Atlántica masculina con 2h.22:00

Na categoría feminina o título sería para Sonia Teijeiro do Burgas Ourense con rexistro de 3h.00:19 (e que supón un novo récord galego máster 45)  polos 3h.09:15 de Beatriz Fernández do Atletismo Corredoiras e Inés Papín do Atletismo Sada con 3h.13:58.  A gañadora da clasificación xeral sería Mónica Granero con 2h.59:29

Pola súa banda tanto Paula Mayobre como Pedro Nimo serían os trunfadores na proba popular dos 10 km. que sería a que contaría cun maior número de participantes con preto de 1.500 inscritos.

Resultados

O artigo Teijeiro e Serantes, campións galegos de marathon publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Teijeiro e Serantes, campións galegos de marathon

Mas noticias relacionadas