SD Nogueira 0-1 UD Ourense: Nova vitoria para ocupar postos de ascenso

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense supera o Nogueira a domicilio e sitúase en postos de ascenso a Terceira División tras moitas xornadas de ausencia. Un tanto de Joni na segunda metade decantou a balanza. Sexto partido consecutivo dos ourensáns sen encaixar.

Era un encontro compricado e xa o avisaba o técnico local na previa “se a UD Ourense ven relajada, vaino pasar mal”. Agardábase un rival pechado, que buscase as súas ocasións e que preparase unha loita polo control da medular. O partido estivo moi desputado, con non excesivas ocasións, pero cun gran plantexamento de ambos técnicos para facerse co triunfo. Uns buscaban a permanencia, outros o ascenso, pero ambos deixaron bo sabor de boca.

Currás apostou por algunhas variacións ca entrada de Durán en detrimento de Presas e a presenza de Joni en banda, suplente o pasado fin de semana. A intención era aportar velocidade e desborde nas bandas e aproveitar o poderío ofensivo de Joni para xerar situacións de superioridade na punta de ataque.

A primeira metade estivo moi trabada en canto a ocasións e xogo. Ambos equipos respetábanse moito e trataban de chegar o marco rival, aínda que sen perigo. Luis probou fortuna dende lonxe, pero o coiro chegoulle o meta rival sen perigo. O colexiado anulou un tanto a Germán, que se atopaba en fora de xogo e Esteban puido sacar fortuna dun erro comunicativo de Pato e Corzo, pero non chegou o sangue o río.

Trala reanudación, Currás comezou cos cambios. Oli deixou o seu sitio a Codeso, namentras que PResas e Fran Martínez entraban por Durán e Luis. O colexiado amosou a segunda tarxeta o capitán do Nogueira Jorge e ahí rompeuse o encontro. Cun home menos, os da Tella deron un pequeno paso atrás e o Ourense fíxose ca posesión de forma total e empezou a cercar a meta. Joni mandou un aviso cun disparo que rexeitou o cancerbeiro. Hugo tamén puido anotar, pero topouse cun defensa.

Nunha desas xogadas chegou o gol. Presas abriu o xogo a banda, onde apareceu Alfredo, Codeso arrastrou o central cunha finta cara o interior e o centro do extremo vermello saliu sen oposición o corazón da área, onde Joni se adentrara en busca de superioridade e onde rematou o coiro o fondo da rede. Corría o minuto 78 e as bancadas da Tella estalaban de alegría.

De ahí o final, os vermellos volcáronse en busca do segundo e o Nogueira tivo o empate nas botas de Esteban, pero o luminoso xa non se movería. Con este triunfo, os ourensás aséntanse na segunda praza e sitúanse a 3 puntos do líder, o Estradense. As seis xornadas consecutivas sen recibir gol e as 5 vitorias e 1 empate déronlle a volta a situación e Ourense xa soña co ascenso, pero antes quedan 6 finais.

La entrada SD Nogueira 0-1 UD Ourense: Nova vitoria para ocupar postos de ascenso se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: SD Nogueira 0-1 UD Ourense: Nova vitoria para ocupar postos de ascenso

Mas noticias relacionadas