Casting de futuro na VI Ruta do Albariño

Publicado por: F.G. Ciclismo

O concello de Meaño será o punto de partida dunha nova edición da Ruta do Albariño, proba ciclista reservada para mozos deportistas de categoría junior e elite sub 23. Máis dun cento de ciclistas de Galicia e Portugal mediránse para facerse coa sexta edición desta clásica. 

A matinal do sábado será a quenda da crono escalada de tres kilometro entre Meaño e o Alto de Ou Busto. Desde as once da mañá e cunha cadencia de minuto en minuto, sairán os 114 inscritos sendo as tres mulleres participantes as encargadas de marcar as primeiras referencías.

A partir das cinco da tarde disputarase o segundo sector do día, unha proba en liña de 68 quilómetros cun meta volante no Grove e un premio de montaña de terceira categoría en Monte Bouza, a oito de meta e que a recado marcará o líder da xornada. O domingo será a xornada decisiva cun circuíto con saída e chegada e Cambados pasando ata en catro ocasiones polo alto de Padrenda de terceira.

A proba está organizada polo Clube Ciclista Cambados e a Feracion Galega de Ciclismo co apoio da Deputación de Pontevedra e os concellos sedes da carreira. 


Enlace con la noticia original: Casting de futuro na VI Ruta do Albariño

Mas noticias relacionadas