Licenza para participar no calendario de Ciclocross

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Ante o inminente comezo do calendario de Ciclocross 2019-2020, a Federación Galega de Ciclismo recorda que aqueles corredores que vaian participar no ciclocross farano durante toda a temporada coa mesma categoría, incluídos os Campionatos de España.

Para tramitar o cambio de licenza federativa de equipo/club para ciclocross, o corredor deberá tramitar unha nova licenza, presentando a autorización ou a baixa do equipo anterior.

Para tramitar o cambio de categoría unicamente de Máster a Elite con ou sen modificación de equipo /club, é preciso a emisión dunha nova licenza federativa. Se se produce cambio de equipo/club o corredor deberá presentar ademais a autorización ou a baixa do equipo anterior.

Normativa Técnica FGC


Enlace con la noticia original: Licenza para participar no calendario de Ciclocross

Mas noticias relacionadas