A Copa Galicia de Enduro chega con máis probas e categorías que nunca

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Comezan as Copas Galicia 2020 e a de Enduro faino superándose a si mesma. Co calendario máis amplo da súa historia, este certame contará por primeira vez con dúas citas puntuables para o Open de España e estrea categorías. O pistoletazo de saída darase este domingo en Ponteareas.

A cifra de eventos case se duplica respecto ao ano pasado: de catro pasa a sete. Serán máis de tres meses de competición que arrancan esta fin de semana co Enduro ADC Picaraña e antes de que remate marzo chegará a quenda da Baixomiño Enduro Experience.

A primeira proba que tamén pertence ao calendario do Open de España será o Endurrazo, o 19 de abril. Unha semana despois disputarase a Vigo Enduro Vixiador e os mellores riders do panorama estatal regresarán a Galicia o 17 de maio para resolver o Open na Montefaro Enduro Race. 

 Unha vez finalizado o certame español, aínda quedará moita tea que cortar na Copa autonómica. O 31 de maio celebrarase o Enduro Serra do Galiñeiro e o 14 de xuño coroarase aos gañadores finais na primeira edición do Enduro Monte Xiabre. 

No 2019 os vencedores dos rankings foron: Alba Caínzos e Zoe del Río en cadetes, Mario Fernández nos júnior, Nicolás Carrera nos sub-23, Pablo Míguez nos élite, Santos Lemos nos máster-30, Tony Pérez nos máster-40 e Carlos José Táboas nos máster-50. 

Parellas e equipos

A categoría amateur e a de bicicletas eléctricas mantéñense na oferta da Copa, que se amplía por partida dobre. Haberá premio para o Mellor Equipo por proba e competición por Parellas. Nesta última, haberá unha soa clasificación para todos os participantes independentemente da composición por sexos do dúo.  

Calendario

08/03  Enduro ADC Picaraña          Picaraña ADC

29/03  Baixomiño Enduro Experience   In Situ

19/04  Endurrazo                              THC Bike

26/04  Vigo Enduro Vixiador    Vigo Enduro MTB

17/05 Montefaro Enduro Race  Pulpeiros Mugardos

31/05 Enduro Serra do Galiñeiro   +Enduro MTB

14/06  Enduro Monte Xiabre         BTT Castrobikes


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia de Enduro chega con máis probas e categorías que nunca

Mas noticias relacionadas